GOLEADA PARA ENTRAR POR DEREITO PROPIO NA FASE DE ASCENSO
Moraña C.F.: Zapa (min.46 Diego); Lois, Julián, Juan, Fumega; Toné, Iaguito (min.60 Álex), Roberto, Adrián (min.84 Jesús); Ferrón (min.70 Xoel) y Zaca (min.89 Jhon).
C.D. Moaña “B”: Alberto; Jonathan, Chapela, Sergio, Iago; Rubén, Rouco, Miguel (min.74 Darío), José Angel (min.75 José Ángel); Saúl y Manuel.
Árbitro: Sr. Santiago Núñez Rodríguez do colexio pontevedrés realizou unha moi boa arbitraxe nun encontro difícil de pitar, sacou cartóns amárelos ós locais Adrían min.60 e Roberto min.89 e polos visitantes Sergio min.28, Rubén min.55 e Iago min.65.
Goles: 0-1 min.8 Iago; 1-1 min.10 Ferrón; 1-2 min.14 Saúl; 2-2 min.34 Iago; 3-2 min.66 Roberto; 4-2 min.80 Adrián.
Campo: Municipal de Mirallos, gran entrada, a millor da tempada, no descanso o Moraña aproveitou para sacar a foto de todalas suas categorías, campo de xogo en perfectas condicións e boa tarde con temperatura ideal para a práctica do fútbol.
Bo partido o disputado na tarde do domingo no Municipal de Mirallos entre o Moraña e o Moaña “B”, o partido era moi importante xa que ambas escuadras xogabanse meterse na fase de ascenso.
Dende o principio notouse que só lle valía a victoria, ós dous equipos intentaban acercarse o marco rival, o Moraña levaba a iniciativa pero foron os do Morrazo os que golpearon primeiro e así ós oito minutos unha falta colgada, que colleu á zaga e o porteiro local dormidos e Iago de cabeza adiantaba ós celestes.
Rápidamente un Moraña enrabietado pola inxustiza do marcador empatou despois dun saque de esquina de Adrián que no segundo pau Ferrón libre de marca enviaba o coiro a rede, a partires de ahí o Moraña continuou levando a iniciativa pero cando corría o minuto 14, unha pérdida de balón morañesa acaba nun rápido contragolpe para que Saul cun fenomenal zurdazo acade o 1 a 2.
O Moraña volvía a ter que remar contra corrente e despois duns minutos onde estivo impreciso por mor do resultado iniciou unha fase de acecho da área visitante dando os seus frutos no minuto 34 cando un saque de banda longo de Juan quedou morto na área e Iaguito o mais listo da clase acadaba o empate.
De ahí o descanso o dominio foi local pero sin tanta insistencia coma co resultado en contra.
A segunda parte foi de claro color vermello e así cando corría o minuto 66 un penalti por mans de Sergio despois dun centro de Toné foi convertido por Roberto con suspense e xa no 80 unha cesión da zaga visitante foi recollida por Alberto coas mans decretándose a correspondente falta que foi tocada por Juan para que Adrían dun impresionante zurdazo colocase o balón nas mallas da portería moañesa.
Destacar polo equipo visitante o seu porteiro Alberto que impediu que a goleada fose maior e a Saul que foi un pesadelo para a zaga local, polo Moraña podemos destacar a todo o seu conxunto por ter o obxetivo cumprido, pero na tarde de onte sobre todo a Iaguito que volvía dous meses despois, Toné que está nun gran momento de forma, o gran traballo en ataque de Ferrón e Zaca e Roberto que é o referente de este equipo.