Case trescentos futbolistas de categoría prebenxamins, benxamíns  e alevíns tomaron parte no VI TORNEO NADAL FUTBOL 8 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA , celebrado durante o pasado fin de semana nas instalacións de Cotogran (Santa Mariña)- Vigo. En categoría benxamín, o Moraña foi derrotado en cuartos polo Coruxo (2-0), despois de un encontro moi igualado. Nos partidos de consolación os do espeto  impoñeronse o Porriño (2-0) e na final os morañeses foron derrotados polo Santa Mariña (2-1). 
Á marxe do estritamente deportivo, o torneo congregou un bo número de espectadores que gozaron dun gran número de partidos. A competición arrancou o Domingo  á mañá e estendeuse ao longo detoda a xornada matinal. O ambiente festivo a pesar do dia invernal e coincidir ca vispera de Reis.

Compárteo!

Deixa un Comentario