Os morañeses no IV irmandamento cos vigueses, iniciou con bo pé o partido disputado no Campo do Futbol do Vao, nunha tarde moi calurosa que invitaba mais a estar na praia que a xogar o partido de fútbol. Os do carneiro a pesar do forte calor, non tiveron compaixón dos vigueses, realizando un primeiro tempo extraordinario con futbol de altos quilates capitaneados como non, polo serbio Goran Djorovic, que igual que todos os seus compañeiros realizaron un partido extraordinario, non tendo piedad do contrario e figurando nos primeiros 45′ un rotundo 0-2. O segundo tempo foi na mesma frecuencia con un Moraña moito mais superior.
Como deciamos ao inicio desta crónica, grande partido de fútbol o disputado na tarde de onte onde xogadores da talle de Jorge Otero, ,Goran Djorovic, Javier Maté, Rafa Saez, el mismisimo Juan Cota, ex-xogador do Pontevedra, Compostela, Ordes , Vilalonga é C.D. Estradense, entre outros, na actualidade Xefe dos servicios médicos do R.C.Celta de Vigo e da Selección Española, demostrando estar nunha forma extraordinaria e salvando os seus compañeiros de unha goleada historica, tamén demostrou estar nunha moi boa forma o ex-director Xeral do R.C. Celta Alfredo Rodríguez e un longo etc., fixeron as delicias ás concorridas bancadas do campo do Coruxo. Non chegou a vestirse de curto e vala se o seu equipo o votou de menos o xogador local e promotor deste irmandamento cos morañeses Carlos Reboredo, por un recente accidente de moto.
ALIÑACIÓNS:
Illa de Toralla: Juan Cota; Musculitos, Rafa Saez, Jorge Otero, David, Pocholo; Dani, Ballesta, Días, Manuel, Emilio Cuña e Alfredo Rodriguez.
A.C.D. Moraña: Javier Maté (46′ Rafa Sierra); Albertito, Iaguito, Yeyo(40′ Luis), Fuentes(46′ Rúa); Nico(46′ Pedro), Goran Djorovic, Mario Costas( 40′ Roberto) , Rafa Sierra( 30′ Terio Carrera) ; Santiño e Santi Paz.
Arbitro: Axubiou o encontro o colexiado vigués Oliveira, estando á altura do encontro, realizando un partido extraordinario e aplicándo con moi bo criterio sempre a lei da vantaxe.
GOLES:
Minuto 30′,- (0-1),- Santi Paz nunha espectacular vaselina.
Minuto 40′,-(0-2),- Novamente Santiño nun forte disparo batendo o bó gardameta Juan Cota.
Minuto 60′,-(0-3),- Nico cunha gran parede con Goran, batendo a Cota na sua desesperada saida.
Minuto 70′,-(0-4),- Pedro nun maxistral lanzamento de penalti, entrando o balón pola escadra.
Minuto 89′,- Marca o gol do honor Alfredo Rodriguez, batendo a Rafa por baixo.
Despois do encontros os xogadores de ambos equipos, acompañados das súas mulleres e amigos en xeral , cearon ao aire libre cunha temperatura espectacular no marco incomparable da Illa de Toralla, degustando un saboroso asado, regado cun bo viño da terra ata altas horas da madrugada.O gran ausente deste evento foi o gran adestrador galego Fernando Vázquez, por asuntos personais.