Na noite de onte venres o primeiro equipo celebrou o derradeiro adestramento da seman con vistas o encontro que se vai celebrar o próximo domingo as 5 da tarde nas Extremas de Cotobade.
O adestrador morañés Iván Conles convocou a todolos xogadores disponibles e probablemente a tres xogadores do equipo xuvenil debido as numerosas baixas de Xacobo, Damián, Zacarías, Juan Cuca, Martin «Vicha» e Isaac ademáis do lesionado de longa duración Lois.
A pesar das baixas Iván comentounos que é optimista xa que nos dous últimos encontros o equipo mostrou unha millor cara, pero que o encontro presentase moi difícil, xa que o Cotobade é o terceiro calsificado e mostra unha gran entereza defensiva. En relación o tema das baixas díxonos que él é da opinión de nunca acordarse dos que faltan e traballar cos que ten que nese momento van ser os que van a axudar ó equipo.
Para rematar comentounos que esperaba facer un bo partido e cun pouco de sorte intentar sumar os tres puntos tan necesarios e tamés esperaba ter un pouco máis de sorte de cara ó gol e cas arbitraxes, xa que nos últimos partidos non a tiveron.
Por último dende aquí mostras os nosos millores desexos para o nosos equipos nos encontros deste fin de seman.