O domingo as 16:15 horas enfréntase no Municipal de Mirallos dous históricos do fútbol pontevedrés venidos a menos o Moraña e o Poio.

O partido e moi compilicado para a nosa escuadra xa que o Poio chega o recinto morañés situado como terceiro clasificado mentres o equipo local ocupa un lugar na parte baixa da táboa, si ven e certo que o equipo de Iván Conles leva tres partidos cunha importante milloría no seu xogo que serviulle para sacar 5 dos últimos nove puntos posibles ainda que por méritos nos partidos merecía máis.

O técnico local comentábanos onte despois do segundo adestramento da semán celebrado no Campo do Buelo que esperaba un partido moi complicado, e que era fundamental ser moi serios atrás e escomezar a ter algo máis de puntería cara o marco, xa que nos últimos encontros fallaron ocasións clamorosas que non se poden perdoar, ainda que o que sería máis preocupante e non ter ocasións e polo menos témolas.

Para este domingo o Moraña conta ca baixa do seu cazagoles Zaca e de Jacobo.

Por último recordar que antes do partido sacarase a foto de tódolos equipos do Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario