Moraña, 03 de Xuño de 2.013

Estimado socio/a:

Poñémonos en contacto contigo para informarche das novas actividades a realizar :

 1.- TORNEO FÚTBOL-8 BASE “MORAÑA CUP 2.013”- O Sábado 8 de Xuño de 2.013, no Campo de Fútbol de Mirallos, terá lugar o Torneo Fútbol “MORAÑA CUP”, dende as 10:00 da mañá ata as 21:30 horas da tarde. Haberá descanso para comer de 14:00 a 16:00 horas. O  torneo  xogarase en 3 categorías, participarán os seguintes equipos:

  • En Alevíns : Moraña CF, Dorrón CF, SD Monteporreiro , AD Sagrado, Barro CF, Atl Cuntis, ED Cotobade e EFB Cangas.
  • En Benxamíns:  Moraña CF,  Moraña CF “B”, EF Portero 2000, Barro CF, SD Monteporreiro e CD Campolameiro.
  • En Prebenxamíns:Moraña CF, SD Monteporreiro, Caldas CF, ED Poio, AD Sagrado e EF Portero 2000

 2.- CEA  FIN  TEMPADA  FÚTBOL  BASE.- O mesmo sábado 8/06/13, ao remate do Torneo (22:00 horas), celebrarase a cea de fin de tempada 12-13,  para todas as categorías do Fútbol Base . Terá lugar nunha carpa que estará instalada, durante toda a xornada do Torneo, ao lado do campo de Fútbol de Mirallos. Se os país/nais dos xogadores quixeran cear terían que anotarse previamente e pagar 13 €/persoa , mesmo menú que os dos rapaces. Se quixeran algo distinto terían que pagalo aparte..

3.- CEA  FIN  TEMPADA  MORAÑA C.F..- O sábado 28/06/13, celebrarase unha cea-baile con motivo do final de tempada, onde estarán presentes os xogadores do primeiro equipo do Moraña C.F. e o Moraña Veteranos. O acto realizarase no Hotel Louxo na Toxa. Ao devandito evento poderán asistir todos os socios que o desexen, loxicamente previo pago da cota que corresponda.

4.- I CAMPUS   MORAÑA C.F..- O Campus terá lugar do Luns 8 ao Sábado 13 de Xullo de 2.013, en horario de maná e desenvolverase en 3 instalacións: Campo de Fútbol de Mirallos , Piscina Municipal e Pavillón Municipal. O Campus organizado polo Moraña C.F., é unha actividade lúdica, deportiva e recreativa de achegarse ao deporte do fútbol, dun xeito diferente, enchendo o tempo de ocio vacacional dos neno e nenas en idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos. O importe da actividade é de 75 €/nen@.

Non habendo máis novas que comunicarche aproveitamos para saudarte.

A Directiva                                        

NOTA: Tod@s os interesad@s en participar  nos eventos a celebrar deberán informarse e confirmar a súa reserva de praza, chamando ao teléfono do Moraña C.F. (986-55.30.92), ou anotándose no Local Social do Club (Rúa Once, nº 3 Baixo), en horario de 19:30 horas a 21:00 horas. Tamén poderán facelo no teléfono 646122270 (aquí de 10:00 da mañá ás 22:00 horas) e, para máis información, nas seguintes páxinas web:

https://www.moranacf.com
http://www.morañaveteranos.es

Compárteo!

Deixa un Comentario