O vindeiro xoves, 17 de decembro ás 20:30 horas terá lugar no Local do Moraña C.F. unha reunión para os Adestradores, Delegados, Fisioterapeutas e Encargados de Campo no que se falará de varios temas relacionados coa atención para os primeiros auxilios no caso de accidente deportivo.
Principalmente, os contidos serán:
- Explicación do protocolo de actuación en caso de accidente e R.C.P.
- Uso do desfribilador automático co que contamos no Campo de Fútbol
- Uso da cánula de Guedel.
Deste xeito, tentaremos que no caso de se produza calquera urxencia, esteamos preparados para atallala o antes posible.