-
Derrota contra un rival directo na loita polo ascenso.
-
O Sanxenxo levou a vitoria cun gol no último minuto do engadido.
Xornada 20ª do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña visitou Sanxenxo.
Derrota dura a sufrida na pasada tarde do domingo no campo de Baltar. O Sanxenxo comezou mellor o encontro, capaz de encontrar o seu xogo e buscando a portería de Henrico. Os nosos víronse por debaixo no marcador mediada a primeira metade cando no minuto 25 o equipo local conseguía anotar o primeiro gol da tarde. Co resultado de 1-0 chegouse ao descanso.
Na segunda parte, o Moraña apretou os dentes e saíu lanzado na busca do empate. O premio chegou no minuto 63 cun gol de Breno. O Sanxenxo logrou poñerse de novo por diante pero outra vez Breno facía o 2-2 escasos minutos despois. E cando todo parecía que remataría en reparto de puntos, o Sanxenxo conseguía o gol da vitoria no derradeiro minuto do desconto.
Este resultado fai que o Sanxenxo (4º clasificado) se distancie en 8 puntos do Moraña (5ºclasificado). Toca seguir sumando para poder manternos nos postos de promoción. Imos Moraña!
FICHA TÉCNICA
Xuv. Sanxenxo: Fernando Abal, Miguel Martínez, Jorge Segura, Pablo Piñeiro, Iñaki Baulde, Daniel Iglesias (Daniel Dadín, 65′), Iván Mallo, Martín Rey, Diego Fraga, Daniel Martínez (David Outón, 77′) e Marcos Aragunde (Fernando Garrido, 69′).
Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar, Rubén Candal, Paulo Miote, David García (Luis de Matos, 45′), Javier Pazos, Damián Pereira, Kevin Rodrigues (Domi García, 69′), Breno Santos, Emanuel Cordeiro (Ángel David Núñez, 85′) e Ousmane Sene.
Goles: 1-0 Pablo Piñeiro (min. 25), 1-1 Breno Santos (min.63), 2-1 Martín Rey (min. 71), 2-2 Breno Santos (min.75), 3-2 Pablo Piñeiro (min.95).
Árbitro: José Ángel Andrade Area. Amonestou a Jorge Segura, Iván Mallo e Daniel Iglesias por parte do Sanxenxo. O amonestado por parte do Moraña foi Emanuel Cordeiro.