-
Comezamos a Fase de Ascenso cunha victoria.
-
Seydou fixo o gol ao filo do descanso.
Primeira xornada nunha histórica fase de ascenso á Preferente para o noso Clube, no que visitabamos un campo tan difícil como é o do San Adrián. Un encontro que se presumia, como así foi, igualado e pelexado e que, con moito esforzo e traballo, caeu do lado morañés.
Un solitario gol de Seydou no minuto 39 da primeira metade foi chave para que os nosos trouxeran os tres puntos. Ese gol, xunto cun gran traballo defensivo de todo o equipo que permitiu que os locais non foran quen de batir a Manu. Con esta primeira victoria, e cos puntos acumulados da primeira fase, os nosos ocupan a segunda posición, que da opción de ascenso.
Estes foron os outros resultados do grupo
Na vindeira xornada, recibimos ao Alerta Navia no Buelo. Vamos rapaces!!!
FICHA TÉCNICA
S.D.C. San Adrián: David, Carlos, Roberto, Parada, Sergio, Anxo, Alberto, Gerardo, Javier, Agus e Rubén. Tamén xogaron Moisé, Ferreira, Guiller, Mario e Adri.
Moraña C.F.: Manu, Salva, Iván Vidal, Fernando, David Grande, Mateo, Dyego, Seydou, Luciano, David e Ferro. Tamén xogaron Caba, Pablo Grande, Álvaro, Álex e Chima.
Goles: 0-1 Seydou (min. 39).
Árbitro: D. Diego Tajes auxiliado por D. Alberto Argibay e Victor Mosquera.Amonesto a Agus e Anxo polo San Adrián, e a Fernando, Manu e Salva polo Moraña C.F.














