S.D. Monteporreiro 5-1 Moraña C.F.

Segunda Futgal – Xornada 20
M. Monteporreiro | 1 de marzo, 17:00h

Aliñacións

S.D. Monteporreiro
  • 1. Adrián Filgueira (P)
  • 5. Diego Rodríguez
  • 6. Jacobo López (16. Diego Fernández, 59′)
  • 8. Pablo González
  • 10. Manuel Alonso (20. Francisco Muñoz, 76′)
  • 11. Alejandro García (7. Sergio González, 59′)
  • 15. Iker Tesouro
  • 17. Yago Rivas
  • 19. Sebastián Cores
  • 21. Jorge Baquero (9. Álex Fontán, 76′)
  • 22. Iván Jurado (23. Mario Suárez, 59′)

Moraña C.F.
  • 1. Hugo Míguez (P)
  • 5. Rubén Candal (20. David Pereira, 83′)
  • 7. Rafael Paiva
  • 9. Brenno De Oliveira
  • 11. Ibrahim Narh
  • 12. Damián Pereira
  • 14. Juli Rodríguez
  • 15. Mario Fortes
  • 24. Alejandro Pertusa
  • 26. Brais Rey (10. Rodrigo Cor, 73′)
  • 27. Miguel De Souza (18. Samuel Lucas, 68′)

Árbitro

Xián Parada Cabaleiro

Goles

Goles Xogador Minuto
1-0 10. Manuel Alonso 15’
2-0 21. Jorge Baquero 52’
2-1 26. Brais Rey 65’
3-1 17. Yago Rivas 73’
4-1 16. Diego Fernández 81’
5-1 8. Pablo González 83’

Tarxetas

Tarxeta Xogador Equipo Minuto
Vermella Brenno De Oliveira Moraña C.F. 14′
Amarela Sebastián Cores S.D. Monteporreiro 56′
Amarela Miguel De Souza Moraña C.F. 61′
Amarela Mario Suárez S.D. Monteporreiro 76′
Amarela Mario Fortes Moraña C.F. 86′

Resumo do encontro

Derrota dura contra o líder destacado da categoría. O Moraña visitou o campo do Monteporreiro nun encontro que quedou moi condicionado desde os primeiros compases. No minuto 14, os nosos quedaron con dez xogadores trala expulsión de Brenno, unha acción que complicou moito o desenvolvemento do partido para o Moraña.

A pesar da inferioridade numérica, o equipo tratou de manter a orde e competir, pero o Monteporreiro logrou adiantarse antes do descanso, chegando ao intermedio co 1-0 no marcador.

Na segunda metade, o conxunto local golpeou de novo moi cedo, ampliando a vantaxe e poñendo o encontro aínda máis costa arriba. O Moraña reaccionou e conseguiu recortar distancias co 2-1, o que abriu unha pequena esperanza para os nosos. Con todo, a partir de aí o partido foi claramente de dominio local, co Monteporreiro aproveitando os espazos e anotando máis goles ata establecer o 5-1 definitivo.

Un resultado duro nun encontro marcado pola inferioridade numérica durante boa parte do partido, no que o Moraña intentou competir a pesar das dificultades.

Compárteo!

Deixa un Comentario