-
Os nosos perdonan na primeira metade e acaban pagándoo.
-
O Ribadumia impúxose grazas a súa efectividade.
Xornada entre semana e visita a un campo histórico como é A Senra para enfrontarse ao C.D. Ribadumia. Un encontro no que os nosos recuperaban efectivos e no que se buscaba puntuar de novo. Pero non puido ser. A pesar de xerar perigo constántemente durante os 90 minutos, fallando incluso un penalti na primera metade, os nosos non lograron abrir a lata en ningún momento.
Tivemos máis opcións ademáis de Seydou dende os 11 metros, Martín con varios disparos dende a frontal, unha clara ocasión de Dyego que sae rozando o pao… pero quen se puxo en vantaxe foron os locais, por medio de Fernando no minuto 25 remachando un pase da morte. Non baixaron os brazos os nosos tras este mazazo, pero xusto antes do descanso de novo Fernando marcaba o segundo para o Ribadumia.
O Moraña saiu á segunda metade de novo enchufado, combinando, dominando e xerando de novo ocasións. Pero non tiñan o día os nosos de cara a porta, e non chegaba ese tanto para recortar distancias e meter presión aos locais. Cun Moraña volcado, nunha contra no minuto 82 Facundo sentenciaba o partido co definitivo 3-0.
Toca seguir remando e pelexando, xa cos rivales collendo algo de distancia na clasificación pero con moitos puntos e partidos por diante. Próxima parada, o Cultural Areas este domingo no Buelo. Vamos Moraña!!!
FICHA TÉCNICA
C.D. Ribadumia: Óscar, Horacio (Roberto, min. 81), Martín, Lima (Gustavo, min. 70), Brais, Fernando, Diego (Facundo, min. 46), Iago (Álvaro, min. 70), Roberto, Durán (David, min. 81) e Pablo.
Moraña C.F.: Rosa, Marcos (Mateo, min. 86), Carlos Dean, Aarón, Pablo Cancela, Seydou, Dyego, Álvaro, Delfino (Borja, min. 67) e Javi.
Goles: 1-0 Fernando (min. 25); 2-0 Fernando (min. 40); 3-0 Facundo (min. 82).
Árbitro: D. Ignacio Crespo, auxiliado por D. Pablo Rey e D. Iván Sandino. Amonestou a Pablo, Gustavo, Lima, Durán e Facundo polo Ribadumia, e a Novegil, Seydou e Delfino polo Moraña.