Benxamíns – S.C.D. Puentecaldelas
O encontro que debía enfrentar aos nosos Benxamíns coa S.C.D. Puentecaldelas tivo que ser suspendido ao haber casos positivos de COVID-19 no equipo rival. Comunicaremos data e hora na que se xogará este partido, e desexamos a todos os contaxiados no Puentecaldelas unha rápida recuperación.
Infantiles 6 – 1 S.D. Monteporreiro
Gran partido dos nosos Infantiles o xogado na mañán de hoxe no Buelo. Os nosos levaron os tres puntos nun encontro moi completo que encarrilaron xa na primeira metade. Cos goles de Diego e dous de Rubén, o Moraña chegaba ao descanso con vantaxe de 3-0. Na segunda metade Yosi, Rodri e de novo Rubén poñían a vantaxe nun claro 6-0, facendo Mario o gol visitante casi no último minuto. Bo traballo rapaces, a seguir.
Ficha técnica
Moraña C.F.: Óscar, Aleixo, Diego, Yosi, Lucas, Iker, Rubi, Nico, Anxo, Rodri e Aarón. Tamén xogaron Pablo, Darío, Antón e Bruno.
S.D. Monteporreiro: Anxo, Iván, Aarón, Mateo, Yago, Miguel, Alejandro, Mario, Kirian, Anxo, Julio e Aitor. Tamén xogaron Sara, Anxo, Roi e Aarón R.
Goles: 1-0 Diego (min. 15); 2-0 Rubén (min. 28); 3-0 Rubén (min. 29); 4-0 Yosi (min. 52); 5-0 Rodri (min. 68); 6-0 Rubén (min. 74); 6-1 Mario (min. 79)
Xuveniles 2 – 1 C.E.D. Cotobade
Encontro bastante equilibrado e no que os nosos xuveniles tiveron que remontar. Adiantouse o Cotobade por medio de Diego no minuto 28 sen que os nosos puideran batir a Raúl nos primeiros 45 minutos. Pero na segunda metade, o Moraña saíu con máis forza, e antes dos primeiros 5 minutos da reanudación, xa lle deran a volta ao encontro. Leroy no 49 e Hugo no 51 poñían aos nosos por diante 2-1, marcador que xa non se moveu ata o final. Bo traballo!
Ficha técnica
Moraña C.F.: Iván, Anxo, Álvaro, Lucas, Rubén, Abel, Álex, Mateo, Leroy, Dani Fontán e Jonathan. Tamén xogaron Pereira, Hugo, Domi, Pablo e Jorge.
C.E.D. Cotobade : Raúl, Pablo, Diego, Hugo, Adri, Marcos, Ángel, Álvaro, Álex, Martínez, Guillermo. Tamén xogaron Elías e Javier.
Goles: 0-1 Diego (min. 28); 1-1 Leroy (min. 49); 2-1 Hugo (min. 51).