• O primeiro punto acadado fóra da casa.

  • Os nosos mereceron máis.

Pode parecer bo puntuar por fin fóra da casa, pero a realidade é que o Moraña C.F. na tarde de hoxe no San Campio – 2 fixo méritos para traer os tres puntos. O encontro comezou nunha liña moi igualada, cun Pontellas que buscaba o dominio coa pelota, e cos nosos organizados e pechando espazos, buscando o equilibrio defensivo que faltou nalgúns momentos desta tempada.

Co equipo ben plantado no campo e sen dar opcións aos locais, os nosos dispuxeron de varias ocasións para abrir a lata na primeira metade. Tivo Dyego o 0-1 nun remate ao que non chega por pouco, e Seydou tamén pero resolveu ben Antonio.

Na segunda metade o encontro seguiu na mesma tónica, co Moraña xerando perigo sen premio. Incluso chegamos a disfrutar do lanzamento dende os 11 metros, no que Antonio de novo lle gaña a partida a Dyego. O que perdona soe acabar pagándoo… pero afortunadamente e pese a que o Pontellas empezou a xerar perigo nas contras, ningún dos dous equipos foi quen de marcar, e co resultado «gafas», reparto de puntos.

Boa liña do equipo, que puntúa por segunda semana consecutiva e nunha clasificación que se apreta cada vez máis. Proxima xornada, recibimos ao Umia C.F. Vamos Moraña!!

FICHA TÉCNICA

C.D. Pontellas: Antonio, Pablo (Samuel, min. 64), Diego, Javi, Yago, Iván, Elian, Alberto (Adri, min. 16), Marcos (Pablo min. 79), Diego (Raúl, min. 69) e García.

Moraña C.F.: Alexandre, Marcos (Pablo, min. 79), Carlos, Fernando, Aarón, Seydou, Dyego (Borja, min. 82), Martín, Javi, Nico e Mateo (Pablo Cancela, min. 47).

Goles: —

Árbitro:  D. Ignacio Crespo, auxiliado por D. Abel González e D. Jorge Escribano. Amonestou a Samu, Javi e Diego polo Pontellas e a Marcos polo Moraña C.F.

Compárteo!

Deixa un Comentario