O próximo sábado (08/02/14) o Moraña Veteráns recibe o Lérez no Campo do Buelo, pra disputar a 21ª xornada da liga da tempada 2013-14. Os morañeses despois do brillante triunfo a semana pasada en Campo Lameiro fronte ao Bar Carocha (0-3), esperan seguir obtendo unha nova vitoria, para afianzarse nos postos altos da clasificación. Para este partido o mister conta cos once moi xustos, pois ás baixas xa consabidas de Toño e Santiño, temos que engadir as de Mario Costas, Roberto e Santi Paz, lesionados o sábado pasado.Os xogadores do Moraña estan citados no mesmo Campo do O Buelo as 15:30 horas o partido comenza as 16:00 horas (CATRO DA TARDE).
Compárteo!
1 comentario
Sigo mancado