Moraña C.F. 3-0 Dorrón C.F.
Segunda Futgal – Xornada 16
O Buelo | 25 de xaneiro, 17:00h
Aliñacións
Moraña C.F.
- 13. Abraham Martínez (P)
- 5. Rubén Candal (10. Rodrigo Cor, 86′)
- 7. Rafael Paiva
- 8. David García (2. Dani Fontán, 60′)
- 11. Ibrahim Narh (20. David Pereira, 91′)
- 12. Damián Pereira
- 14. Julián Rodríguez
- 15. Mario Fortes
- 16. Ousmane Ciss
- 24. Alejandro Pertusa
- 27. Miguel De Souza (9. Brenno, 60′)
Dorrón C.F.
- 1. José Manuel Agis
- 2. Pablo Acuña (8. Adrián Muelle, 55′)
- 4. Jorge Agis
- 5. Daniel Otero
- 6. Víctor Martínez
- 7. Manuel Prado (20. Martín Ruiz, 80′)
- 10. Franco Bentancor
- 11. Adrián Bermúdez
- 12. Óscar Torres (22. Roi García, 73′)
- 18. Borja Piñeiro
- 19. Axel Cacabelos (9. Antonio Bouzón, 46′)
Árbitro
Julio Doval Taín
Goles
| Goles | Xogador | Minuto |
|---|---|---|
| 1-0 | 16. Ousmane Ciss | 23′ |
| 0-2 | 11. Ibrahim Narh | 70’ |
| 0-3 | 11. Ibrahim Narh | 86’ |
Tarxetas
| Tarxeta | Xogador | Equipo | Minuto |
|---|---|---|---|
| Amarela | Borja Piñeiro | Dorrón C.F. | 70′ |
Resumo do encontro
O Moraña recibiu ao Dorrón nun encontro moi completo por parte dos nosos, que se saldou cunha clara vitoria por 3-0. O partido comezou da mellor maneira posible, xa que o Moraña se adiantou moi cedo no marcador, marcando o ritmo do encontro desde os primeiros minutos.
Tras o gol inicial, o equipo mantivo o control e dispuxo de ocasións para ampliar a vantaxe antes do descanso, aínda que o resultado ao intermedio foi de 1-0.
Na volta de vestiarios, o Dorrón tivo a súa mellor oportunidade cun man a man que acabou errando, pero a partir desa acción o conxunto visitante apenas volveu inquietar a portería do Moraña. Os nosos recuperaron o dominio e continuaron buscando o segundo tanto.
Ese premio chegou no minuto 70, cun gol que puxo o 2-0 e deu a tranquilidade necesaria para afrontar o treito final. Xa nos últimos minutos, o Moraña sentenciou o encontro co 3-0 definitivo, pechando unha actuación moi sólida tanto en ataque como en defensa.
Un triunfo moi importante que confirma o bo momento do equipo e reforza a confianza para seguir sumando nas vindeiras xornadas.