• Empate nun partido moi disputado.

  • Os nosos non conseguiron reducir a distancia de puntos co seu rival.

Xornada 21ª do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña recibiu ao S.C.D. Ponte Caldelas.

O Moraña recibía a un dos rivais polos postos de promoción de ascenso. O partido comezou cun gol dos visitantes aos escasos minutos de iniciar o encontro. Javi fixo o empate pouquiño despois e iso impulsou aos nosos para tratar de darlle a volta ao encontro antes do descanso. Malia ás tentativas do Moraña, o marcador non se moveu e chegouse co 1-1 ao descanso.

Logo do paso por vestiarios, Javi volveu marcar o gol que poñía por diante aos nosos. Pero tan só 3 minutos despois, o Ponte Caldelas poñía de novo as táboas no marcador. A pesares dos numerosos intentos dos nosos por facer que os 3 puntos quedaran na casa, o resultado final foi de empate.

Toca seguir sumando para acercarnos ao obxectivo de acabar, polo menos, dentro dos postos de promoción de ascenso. Imos Moraña!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Gustavo de Aguiar (Domi García, 68′), Rubén Candal, Paulo Miote, Javier Pazos, Damián Pereira, Kevin Rodrigues, Breno Santos, Ángel David Núñez (David García, 46′), Emanuel Cordeiro (Domi García, 78′) e Ousmane Sene.

S.C.D. Ponte Caldelas: Jesús Amoedo, Damián López, Samuel Silvoso, Jacobo Pereira, Adrián Francisco, Manuel Carrera (Jacobo Garrido, 46′), Carlos Martínez, Javier Domínguez (Francisco Garrido, 46′), Víctor Covelo (Raúl Garrido, 24′), Pablo Rodríguez (Pablo Pereira, 80′) e Diego Francisco.

Goles: 0-1 Diego Francisco (min. 11), 1-1 Javi Pazos (min. 17), 2-1 Javi Pazos (min. 48), 2-2 Raúl Garrido (min.51).

Árbitro: Marco Peón Costal. Amonestou a Ángel David Núñez, Javi Pazos, Kevin Rodrigues, Henrico Medeiros, Emanuel Cordeiro e Ousmane Sene por parte do Moraña. Por parte do Ponte Caldelas amonestou a Adrián Francisco, Francisco Garrido e Diego Francisco.

Compárteo!

Deixa un Comentario