Moraña C.F. 0-1 Zacande F.C.
Segunda Futgal – Xornada 9
O Buelo | 16 de novembro, 17:00h
Aliñacións
Moraña C.F.
- 1. Anxo Carrera (P)
- 2. Dani Fontán (20. David Pereira, 75′)
- 3. Anxo Domínguez
- 6. Brais Suárez (19. Godfrey Apeh, 75′)
- 9. Jonás Caride
- 11. Ibrahim Narh (21. André García, 86′)
- 12. Damián Pereira
- 15. Mario Fortes
- 22. Yago Rey (8. David García, 56′)
- 26. Aitor Doval
- 27. Rubén Fontenla (10. Rodrigo Cor, 86′)
Zacande F.C.
- 13. Manuel Fuentes (P)
- 4. Álvaro Villaverde
- 5. Jesús Fabián
- 8. Alejandro Fernández
- 9. Bruno Pérez
- 11. Diego Santos
- 14. Juan Guimil (21. David Outón, 60′)
- 18. Yahia Nichami (17. Jaider Cuenu, 63′)
- 19. Edgar Leonel (16. Aarón González, 72′)
- 20. Joel Carballa (23. Alexandre Portas, 72′)
- 24. Gabriel Oubiña
Árbitro
Miguel Boullosa Rodríguez
Goles
| Goles | Xogador | Minuto |
|---|---|---|
| 0-1 | 18. Yahia Nichami | 57’ |
Tarxetas
| Tarxeta | Xogador | Equipo | Minuto |
|---|---|---|---|
| Amarela | Mario Fortes | Moraña C.F. | 40′ |
| Amarela | Godfrey Apeh | Moraña C.F. | 80′ |
| Amarela | Aarón González | Zacande F.C. | 90’+1 |
Resumo do encontro
O Moraña recibiu ao Zacande nun encontro moi pelexado desde o inicio, marcado pola intensidade e o ritmo alto imposto por ambos equipos. Os nosos tentaban levar o control para chegar á portería rival pero o Zacande defendíase ben.
A primeira metade foi moi igualada, con poucas ocasións claras e moito xogo no medio do campo. Os nosos mantiveron a orde defensiva e trataron de dar un paso adiante, pero o gol non chegou e marcharon ao descanso co 0-0 inicial.
Na segunda parte, o Moraña saíu decidido a atopar o camiño do gol, pero no minuto 57 o Zacande conseguiu adiantarse no marcador cun tanto que acabou sendo definitivo. Ese golpe obrigou o equipo a arriscar máis e ir con todo arriba. Os nosos xogadores pelexaron ata o final, xerando chegadas e mantendo a intensidade, pero faltou ese último pase ou remate que permitise igualar o encontro. O resultado final foi 0-1.
A pesares da mala racha o equipo segue unido e con espírito de loita. Toca erguer a cabeza, seguir traballando e confiar en que as vitorias volverán chegar.