Os Infantiles lograron na tarde de onte en Chan da Barcia o pase á seguinte rolda dentro da Copa Deputación. O equipo de Alberto, reforzado na tarde de onte con varios xogadores alevíns, xogou un partido moi disputado ante un gran Ponte Caldelas, que peleou os 80 minutos.

O encontro comezou cun ritmo moi alto, con ocasións para ambos equipos. Tras un remate morañés ao longueiro, os locais responderon co 1 a 0. Un balón largo mal despexado por Iván, que lle cae no pe a Senén que marca cunha gran vaselina.

Logrou Lucas a igualada 9 minutos despois, aproveitando un gran pase dende banda esquerda e fusilar ao porteiro. Á media hora, facía o segundo o Ponte Caldelas, por medio de Roberto, rematando ao primeiro pao.

Tralo paso polos vestiarios, os nosos saíron moi enchufados, e en 20 minutos déronlle a volta ao encontro, ata o 2-4. Empatou David nunha gran xogada personal no 45, e Dani fixo un doblete (minuto 57 e 60). Acurtou distancias o Ponte Caldelas no 68 por medio de Hugo, pero non lograron empatar.
Noraboa aos infantiles e tamén ao rival, que xogou un gran encontro.

Ánimo para a vindeira ronda!

FICHA TÉCNICA

S.C.D. Ponte Caldelas 3 – 4 Moraña C.F.

S.C.D. Ponte Caldelas: Iago, Manuel (Alberto, min. 55), Pablo, Álvaro, Adriana, David (Santiago, min. 63), Senén, Yabsera, Hugo (Sara, min. 74), Roberto e Gabriel (Dani, min. 63).

Moraña C.F.: Iván, Dani Fontán, Sende, Cristian, Rubén (Anxo, min. 79), Pereira, Edu (Pablo, min. 79), David, Raúl (Jorge, min. 57), Cela e Lucas (Dani, min. 40).

Goles:1-0 Senén (min. 10); 1-1 Lucas (min. 19); 2-1 Roberto (min. 31);2-2 David (min. 45); 2-3 Dani (min. 57); 2-4 Dani (min. 60); 3-4 Hugo (min. 68)

Compárteo!

Comentarios Pechados.