O Partido a Xornada * Liga de Cadetes MORAÑA CF (3)-ED COTOBADE (0)

Disputóuse na matinal do domingo no Campo de San Breixo un interesante partido na categoría cadete no que nosos rapaces tiveron unha destacada actuación.
Hoxe estuveron moi motivados e centrados no xogo, cousa que non pasou en outros partidos, e loxicamente esto nos permitiu estar moi seguros en defensa sin conceder ocasións ó rival, tendo así moito marxen de maniobra para non ter que remontar os goles encaixados doutras xornadas nas que sempre íbamos a remolque do marcador deixándonos ir.
De feito esta boa actitude recolleu froito cando un corner botado por Alex foi rematado coa cabeza ó fondo da rede do Cotobade por Dani en una xogada ensaiada. Con esta avantaxe de un gol chegamos ó descanso.
Na segunda parte o Cotobade adiantou líneas, pero hoxe o Moraña non dou ningún tipo de facilidade, e pouco a pouco fíxose co control total da situación, encarrilando a súa victoria cando Javi Correira nunha acción de bravura pelexou o balón cos defensas e batiu ó meta visitante de tiro esquinado.
O definitivo tanto que certificou o xusto triunfo do Moraña foi obra de Alex recollendo un bo servicio de Suso.
Hoxe os nosos rapaces demostraron como hai que sair a xogar os partidos, con boa actitude e compromiso, e este é o camiño a seguir sexa cal sexa o resultado.
Goles: 1ª Parte: 1-0 Dani. 2ª Parte: 2-0 Javi Correira y 3-0 Alex.
Alineación: Damián, Carro, Brais, Fran, Jorge, Alex, Suso, Edu (Carlos), Borja, Dani y Javi Correira.

Terceira Rexional UNIÓN SAMPAIO CF (0)-MORAÑA CF (2)
Domingo 11 Novembro 16:15 h. Campo de Pontesampaio

Xuvenís MORAÑA CF (4)-CD BAMIO (1)
Sábado 10 Novembro 18:45 h. Campo a Chanciña Campolameiro

Cadetes MORAÑA CF (3)-ED COTOBADE (0)
Domingo 11 de Novembro 11:45 h. Campo de San Breixo

Infantís MORAÑA CF (0)-MARÍN CF (9)
Domingo 11 de Novembro 10:00 h. Campo de San Breixo

Alevíns ED AROUSA (6)-MORAÑA CF (1)
Domingo 11 Novembro 12:00 h. Campo Man. Jiménez (Vilagarcía)

Benxamíns DESCANSO

Prebenxamíns SD MONTEPORREIRO (1)-MORAÑA CF (4)
Sábado 10 Novembro 10:00 h. Campo Monteporreiro

Veteranos 1ª División MORAÑA CF (2)-GALICIA ARCADE (3)
Sábado 10 Novembro 16:30 h. Campo de Valga

Compárteo!

Deixa un Comentario