Viaxe a Canarias

O MORAÑA C.F. OBSEQUIA CON: Unha viaxe para 2 persoas ás Illas Canarias.

Como participar?
O gañador será a persoa cuxo boleto teña as tres últimas cifras coincidentes co primeiro premio do sorteo da ONCE do 30 de xuño de 2025.

Como colaborar?
Podes conseguir os boletos colaborando co club, xa sexa na cantina do campo de fútbol, en establecementos colaboradores ou contactando con algún directivo do MORAÑA C.F.


CONDICIÓNS XERAIS DO OBSEQUIO

1. Natureza do obsequio

O MORAÑA C.F., no marco da súa actividade e co obxectivo de recadar fondos para os seus fins deportivos e sociais, ofrece aos participantes a posibilidade de recibir un obsequio sen ánimo de lucro, vinculado á realización dunha doazón voluntaria.
Este obsequio consiste na posibilidade de obter, mediante un mecanismo de asignación aleatoria, unha viaxe para dúas (2) persoas ás Illas Canarias.

2. Mecanismo de asignación do obsequio

O obsequio será asignado ao posuidor do boleto cuxo número coincida coas catro (4) últimas cifras do primeiro premio do sorteo diario da ONCE do 30 de xuño de 2025.
Unha vez coñecido o número beneficiario, o MORAÑA C.F. comunicarao a través das súas redes sociais e na páxina web morañacf.com. O beneficiario deberá contactar co club a través dos canais indicados no boleto ou por correo electrónico en moranhafutbol@gmail.com, se fose o caso.
No caso de que o beneficiario non reclame o obsequio nun prazo de sete (7) días naturais desde a publicación do número gañador, entenderase que renuncia ao mesmo, sen que iso xere dereito a compensación ou substitución algunha.

3. Contido do obsequio

O obsequio consistirá en:

  • Estancia de cinco (5) días en hotel nas Illas Canarias para dúas (2) persoas, cun límite máximo de 700 € en concepto de aloxamento.
  • Voos de ida e volta dentro do territorio nacional ás Illas Canarias para dúas (2) persoas, cun límite máximo de 300 € en total.

A contratación da viaxe, segundo acordo co MORAÑA C.F., farase conforme a estes límites, segundo dispoñibilidade e previa consulta coa axencia colaboradora Celtic Viaxes, situada en Porto do Río, 19 Baixo B – 36650 Caldas de Reis – Pontevedra, sendo o seu teléfono de contacto 986 540 274.

4. Condicións de desfrute do obsequio

(i) A estancia deberá realizarse excluíndo tempada alta no lugar de destino, estando suxeita á dispoñibilidade hoteleira e aérea. Sempre a partir do día 1 de outubro de 2025.
(ii) Unha vez confirmadas as datas por parte do beneficiario, non será posible realizar modificacións.
(iii) Non se inclúen gastos adicionais como transporte local, comidas, excursións, propinas ou calquera outro gasto non especificado expresamente nestas condicións.
(iv) No caso de que o custo dos voos ou do aloxamento supere os límites establecidos, o beneficiario deberá asumir a diferenza.
(v) O obsequio é persoal e intransferible, non podendo ser cedido a terceiros nin trocado polo seu valor en metálico ou outro ben ou servizo.
(vi) Non existen restricións xeográficas para a adquisición de boletos de doazón.

5. Exclusión de responsabilidade fiscal e administrativa

O presente obsequio concédese no marco dunha acción sen ánimo de lucro vinculada a un doazón voluntario, sen que iso constitúa un premio no sentido disposto na normativa fiscal vixente.
O MORAÑA C.F. non asume ningunha responsabilidade fiscal derivada da aceptación do obsequio por parte do beneficiario, sendo este o único responsable de cumprir coas súas obrigas fiscais, se as houbese.