E.F.B. Cangas «B» 2 – 3 Benxamíns

Partido moi disputado e entretido o do Domingo xogado polos Benxamíns no Montecarrasco. O equipo local comezou con máis dominio, e as primeiras ocasións foron para eles, nas que unhas boas paradas de Breixo conseguiron que mantivesemos a portería a cero. Pouco a pouco fomos mellorando e creando algunha ocasión. Chegou o primeiro nos pes de Diego, que aproveita o rexeite do porteiro tras o lanzamento de falta de Dani.
Os locales empatan tralo descanso nunha contra. Pero o Moraña volve a colocarse por diante cun despexe de Breixo que se colou na portería local. Os locales voltan a empatar tras unha mala salida de balón a pouco do final. Pero finalmente, o gol da vivtoria foi na última xogada, gol de falta directa de Breixo Ferrín. Noraboa rapaces!!

Ficha técnica

E.F.B. Cangas «B»: Adrián, Anxo, Lucas, Nico, Gabriel, Asier, Carlos Pedro, Mateo, Samuel, José e Chapela.

Moraña C.F.: Breixo Oubiña, Diego, Xabi, Brais, Dani, Breixo Ferrín, Héctor, Enzo, Samuel, Manu, Xoel e Lucas.

Goles: Diego e Breixo Ferrín (2)


Infantiles 2 – 2 C.F.B. Poio «B»

Partido moi igualado o xogado polos nosos Infantiles no Buelo na mañán do sábado. Un partido no que os nosos lograron adiantarse por medio de Lucas cun golazo de falta pola escuadra, pero no que antes do descanso o Poio igualaba con gol de Aarón. Na segunda metade, foi de novo o Moraña quen logrou poñerse en vantaxe de novo, ao marcar Rodri o 2-1, pero no treito final (min. 70) Cortizo facía o 2-2. Tiveron os visitantes a victoria no último minuto cun lanzamento de falta que resolveu moi ben Óscar en dous tempos. O marcador xa non se moveu e reparto xusto de puntos.
Bo traballo, chavales!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Darío, Aleixo, Diego, Lucas, Iker, Rubén, Nico, Mateo, Rodri, Pablo e Antón. Tamén xogaron Óscar, Pablo, Iago Leboso, Iago Maneiro e Bruno.

C.F.B. Poio «B»:  Hugo, Óscar, Adrián, Fran, Anxo, Álex, Juan, Jimmy, Aarón, Cortizo e Manoel. Tamén xogaron Dani, Pablo, Vidal e Eloy.

Goles: 1-0 Lucas (min. 30); 1-1 Aarón (min. 38); 2-1 Rodri (min. 53); 2-2 Cortizo (min. 70)


S.C.D. Salcedo 2 – 4 Xuveniles

Victoria a domicilio dos Xuveniles no Felipe VI de Pontevedra ante a S.C.D. Salcedo. Un encontro no que comezaron mandando os nosos con gol de Mateo no minuto 4 e de Ánxo no 11. Non se renderon os locais, xa que no 13 Alexandre recortaba e poñía o 1-2. Os nosos seguiron xogando a bo nivel, e froito dese traballo chegaron os goles de Mateo (min. 29) e Leroy (min. 35), que facían ir ao descanso con clara vantaxe 1-4. Na segunda metade o encontro baixou un chisco de ritmo. no 78 Óliver poñía o 2-4, pero non houbo máis goles, e os tres puntos viaxaron para Moraña. A seguir loitando e pelexando ese ascenso, rapaces!

Ficha técnica

S.C.D. Salcedo:  Yago, David, Youness, Pedro, Nelson, Alexandre, Óliver, Jose, Brais, Antonio, Leo. Tamén xogou Miguel.

Moraña C.F.: Iván, Anxo, Lucas, Rubén, Abel, Álex, Pereira, Mateo, Pablo Mouriño, Leroy e Pablo Grande. Tamén xogaron Isma, Domi, Aday, Chenlo e Dani Fontán.

Goles: 1-0 Pablo Grande (min. 33); 1-1 Pablo (min. 83); 2-1 Leroy (min. 84).

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario