Biberóns – Moraña C.F. https://www.moranacf.com Web oficial do Moraña C.F. Wed, 29 Apr 2026 18:53:40 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=5.4.17 https://www.moranacf.com/wp-content/uploads/2025/09/cropped-Escudo-55-Aniversario-1-32x32.png Biberóns – Moraña C.F. https://www.moranacf.com 32 32 Torneo de Biberóns https://www.moranacf.com/torneo-de-biberons/ https://www.moranacf.com/torneo-de-biberons/#respond Wed, 29 Apr 2026 18:53:08 +0000 https://www.moranacf.com/?p=32010 Gran mañá de fútbol a vivida no Buelo no Torneo de Biberóns no que participaron 16 equipos da provincia de Pontevedra.

Moita ilusión, aprendizaxe e diversión a vivida polos nosos peques. Agradecemos a tódolos equipos participantes e ás familias por facer deste día algo especial.

E tamén queremos agradecer especialmente a Eurobanan Galicia pola súa colaboración e a aportación de froita para os nenos que participaron neste torneo.

Seguimos facendo canteira!

]]>
https://www.moranacf.com/torneo-de-biberons/feed/ 0
Gran papel dos Biberóns no Torneo de Cuntis https://www.moranacf.com/gran-papel-dos-biberons-no-torneo-de-cuntis/ https://www.moranacf.com/gran-papel-dos-biberons-no-torneo-de-cuntis/#respond Tue, 11 Jun 2019 09:29:57 +0000 http://www.moranacf.com/?p=26145 Os nosos Bibes xogaron a pasada fin de semana o seu primeiro campeonato en Fútbol 8. Unha primeira toma de contacto con aínda máis dificultade, porque debido a algunhas baixas os nosos formaron con 8 xogadores xustos.

Os cracks que nos representaron neste torneo foron:  Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Iñaki, Gabi, Erik e Fabio.

O Torneo estaba organizado nun único grupo formado polo Cuntis, Barro, Estrada e Moraña.

No primer partido contra o Barro derrota pola mínima nun partido moi igualado.  Segundo partido con un claro dominio dos da Estrada que nos venceron por 6-0 sen dar case opcións. Terceiro partido fronte o Cuntis no que dominaron pero non foron quen de marcar, chegando o remate 0-0.
Na semifinal tocou de novo o E.F. B. Estrada no que  volveu  vencer con claridade por 4-0.
Na loita polo 3° e 4° posto de novo o rival foi o Cuntis. Un partido que os nosos dominaron e no que venceron po 5-0 con 4 goles de Xoel e un de Manu, acadando así a terceira plaza final.

Gran torneo o celebrado hoxe en Cuntis e noraboa a tódolos equipos participantes.

]]>
https://www.moranacf.com/gran-papel-dos-biberons-no-torneo-de-cuntis/feed/ 0
Os Bibes rematan oitavos no Torneo do Sagrado Corazón https://www.moranacf.com/os-bibes-rematan-oitavos-no-torneo-do-sagrado-corazon/ https://www.moranacf.com/os-bibes-rematan-oitavos-no-torneo-do-sagrado-corazon/#respond Sat, 01 Jun 2019 17:38:51 +0000 http://www.moranacf.com/?p=26133 Último partido da liga do Sagrado Corazón, xogandose nesta xornada a fase final.  Os nosos Biberóns xogaron ante a E.F. Villa de Marín pola 7ª praza, pero foron os marinenses os que a acadaron.

O partido moi igualado a pesar do que reflexa o marcador. Adiantámonos na primeira parte por medio de Manu tras un saque de banda. Na segunda parte empata o Villa tras un rexeite despois da parada de Lucas.
Tivemos un par de ocasións que non logramos concluir e a falta de tres minutos adiántanse tras outro rexeite. No último minuto marcan o terceiro nunha contra.

Gran traballo deste grupo de Bibes! Noraboa polo gran torneo realizado. Dende o Moraña C.F. queremos agradecer ao Sagrado a invitación e dámoslle a noraboa pola gran organización.

Ficha Técnica

Moraña C.F. 1-3 E.F. Villa de Marín

Gol: Manu

Xogaron Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Iñaki, Gabi, Erik, Dykan, Mauro e Fabio.

 

 

]]>
https://www.moranacf.com/os-bibes-rematan-oitavos-no-torneo-do-sagrado-corazon/feed/ 0
Fase Final Torneo Sagrado Corazón para os Bibes https://www.moranacf.com/fase-final-torneo-sagrado-corazon-para-os-bibes/ https://www.moranacf.com/fase-final-torneo-sagrado-corazon-para-os-bibes/#respond Tue, 28 May 2019 11:16:28 +0000 http://www.moranacf.com/?p=26131 Este vindeiro sábado finaliza o Torneo I Memorial Hermano Jesús, organizado polo Sagrado Corazón de Pontevedra no que viñeron participando os nosos Biberóns.

Terán nesta xornada final, a opción de acadar o 7º posto, nun encontro que definirá esta posición ante a E.F. Villa de Marín, ás 11:45.

Moito ánimo e sorte rapaces!!!

]]>
https://www.moranacf.com/fase-final-torneo-sagrado-corazon-para-os-bibes/feed/ 0
Os Bibes, campións do IV Torneo Solidario de Barro https://www.moranacf.com/os-bibes-campions-do-iv-torneo-solidario-de-barro/ https://www.moranacf.com/os-bibes-campions-do-iv-torneo-solidario-de-barro/#respond Wed, 01 May 2019 17:32:23 +0000 http://www.moranacf.com/?p=25962 Os nosos Biberóns desputaron no día de hoxe o IV Torneo Solidario de Barro, acadando o primeiro posto no mesmo. No primeiro partido contra os anfitrións do Barro C.F. venceron pola mínima,  1-0 con gol de Xoel nun partido moi igualado e con moitas ocasións de gol. No segundo encontro caeron ante o S.R. Calo por 0-1. Outro encontro moi moi igualado con gol de parte do Calo nunha das poucas ocasións de gol claras das que dispuxeron e nas que os nosos pequenos non aproveitaron o perigo xerado, incluidos dous tiros o pau.
O terceiro partido foi contra o S.C.D. Salcedo, unha auténtica final xa sólo servía a victoria para clasificarse para a final. Outro partido intensísimo na que aproveitaron unha das poucas claras ocasións das que dispuxeron, na que Manu aproveita un balón solto na área para marcar.
Na final tocou xogar de novo contra os anfitrións, tras clasificarse a penaltis contra o Salcedo despois de empatar a puntos e goles durante a fase de clasificación. Manifestando a igualdade que predominou durante todo o torneo. Foi unha final de infarto a vivida na tarde de hoxe no pavillón de Barro.
Continúa a igualdade e intensidade vivida durante toda a xornada, con ocasións para os dous, cun Barro máis dominador e o Moraña saindo rápido a contra. Na última xogada da primeira parte, marca o Barro.
Na segunda o partido continuou na mesma liña. E nunha destas xogadas Manu tira, rexeita o porteiro e Xabi aproveita para marcar. Con este resultado chegamos o final do encontro e a prórroga de 3 minutos para evitar a lotería dos penaltis.
O partido continua o mesmo guión, e nunha de esas contras Xabi colle o balón en área propia e chega a área rival, e a pesar da presencia dun rival, consigue definir e marcar o gol da victoria.
Cabe salientar a gran actuación do noso porteiro Lucas, decisivo en moitas ocasións durante todo o torneo.

Os valientes que nos representaron hoxe foron Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Iñaki, Mauro e Fabio.
Noraboa campións !!!!
Dendo o Moraña C.F. damos a noraboa a todolos participantes polo gran traballo realizado e damos as grazas ao Barro pola súa invitación o torneo un ano máis.

]]>
https://www.moranacf.com/os-bibes-campions-do-iv-torneo-solidario-de-barro/feed/ 0
Resumen da Base do 13 e 14 de Abril https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-13-14-abril/ https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-13-14-abril/#respond Sat, 13 Apr 2019 20:59:10 +0000 http://www.moranacf.com/?p=25843 Biberóns 3 – 2 Puentecaldelas

 

 

 

Os Biberóns comezaron na mañán deste sábado a súa participación a Liga do Sagrado Corazón. Un partido moi igualado e con alternativas para os dous. O encontro púxose moi costa arriba no primeiro minuto, roubo no medio campo e na contra baten a Lucas. Comezou entón un ida e volta continuo, con varias ocasións pero non se concretaron, e co 0-1 se chegou ao descanso.
O pouco do comezo da segunda metade, nun despiste o Puentecaldelas fai o segundo. Os nosos seguirono intentando con varias ocasións ata que mediada a segunda parte Xoel facía o primer gol. O partido seguia moi emocionante sin un dominador claro, cando a falta de tres minutos para o final Xabi colle e balón en medio campo e tras unha gran xogada pola banda o seu tiro e desviado por un contrario e gol.
Oa nosos seguiron con ganas de máis, e a falta de 1 minuto, Xoel nunha gran contra marca o terceiro.
Gran partido e gran remontada. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Iñaki, Gabi e Fabio.

Goles: Xoel (2) e propia porta.

 

E.F. Portero 2.000 «B» 3 – 10 Prebenxamíns

Os nosos Pres viaxaron a Pontevedra, para xogar na Xunqueira ante a E.F. Portero 2.000 «B». Os nosos xogaron un gran encontro, cun comezo trepidante no que o Moraña se puxo por diante 0-2, recurtando Hugo para o Portero e Lucas poñendo o 1-3 antes dos 10 primeiros minutos. Así se chegou ao descanso.

Na segunda metade, o Moraña colleu máis distancia no marcador con varios goles, e o Portero tentou recortar sen éxito, para que quedara o marcador no definitivo 3-10 para os nosos. Noraboa Pres!!

Ficha técnica

E.F. Portero 2.000 «B».: Andrés, Carlos, Rubén, Alex, Iago, Mateo, Hugo, Iago, Miguel, Raúl e Alexander.

Moraña C.F.: Saúl, Xurxo, Iago, Lucas, Dani, Diego Torres, Breixo Oubiña, Héctor, Breixo Ferrín, Alba e Diego Arzúa.

Goles: Polo Portero 2.000 Hugo (2) e Raúl. Polo Moraña Alba (2) , Lucas (2) Xurxo (2), Diego Torres (2), Diego Arzúa e Breixo Ferrín

 

C.D. Bamio 2 – 5 Benxamíns

Viaxe a Vilagarcía para os Benxamíns, que xogaban ante o C.D. Bamio encontro ligueiro. Os nosos comezaron mandando, con goles de Aarón e Pablo no 9 e no 14. pero os locais reaccionaron e por medio de Jose e Aitor, poñían a igualada no 29. A reacción morañesa chegou só 5 minutos despois, con gol de Mateo que poñía aos nosos por diante de novo. Mario e Pablo redondeador o marcador para o 2-5 final. Gran traballo Benxamíns!

Ficha técnica

C.D. Bamio:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Roi, Pedro, Mario, Fer, Mateo, Antón Bernárdez

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Pedro, Mario, Fer, Mateo, Aarón e Antón Bernárdez.

Goles: 0-1 Aarón (min. 9); 0-2 Pablo (min. 14); 1-2 Jose (min. 26); 2-2 Aitor (min. 29); 2-3 Mateo (min. 34); 2-4 Mario (min. 41); 2-5 Pablo (min. 49).

A.C.D. A Seca 6 – 0 Alevíns

Os Alevíns tamén viaxaron a Pontevedra, para enfrontarse á A.C.D A Seca. Os nosos, moi xustos de xogadores polas baixas aguantaron ben a primeira parte, na que a A.C.D. logrou chegar ao descanso con 2-0 de vantaxe cos goles de Víctor e Hugo. Na segunda metade, segundo o cansancio se ía facendo máis presente, a vantaxe foi aumentando ata o 6-0 definitivo. Ánimo e a seguir rapaces!

Ficha técnica

A.C.D. A Seca:  Iker, Pablo, Andrés, Alex, Álvaro, Nico, Miguel, Mateo, Alicia, Samu, Lucas, Hugo, Saúl, Manu, Víctor e Iker Portela.

Moraña C.F.:  Darío Leboso, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Óscar, Hugo, Aleixo e Darío.

Goles: 1-0 Hugo (min. 22); 2-0 Victor (min. 29); 3-0 Víctor (min. 37); 4-0 Saúl (min. 44); 5-0 Víctor (min. 61); 6-0 Saúl (min. 64).

Cadetes 0 – 2 E.D. Poio

Un dos encontros destacados desta fin de semana, era o que enfrontaba aos Cadetes á E.D. Poio no Buelo. Un encontro moi emocionante e que se resolveu nos pequenos detalles. A igualdade na primeira metade era a tónica, ata que Carlos puxo por diante no 32 aos visitantes. Este gol marcou o encontro, xa que o Poio adicouse a pechar espazos e a buscar a contra mentras os nosos tiñan que asumir cada vez máis riscos. No 66, Dani facía o 0-2 que sentenciaba o encontro. Ánimo Cadetes e a seguir traballando!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  André, Saúl, Dami, Álvaro, Sergio, Pablo, Jorge, David, Hugo, Alejandro, Aday. Tamén xogaron Joel, Marta e Raúl.

E.D. Poio:  Mateo, Samu, Alex, Jose G., Jose J., Javi, Carlos, Jacobo, Álvaro, Diego e Dani. Tamén xogaron Rubén, César e J. Manuel.

Goles: 0-1 Carlos (min. 32); 0-2 Dani (min. 66).

Xuveniles 9 – 0 Marín C.F. «B»

Os Xuveniles pecharon a xornada do noso fútbol base no Buelo, xogando ante o Marín C.F. «B». Un encontro que encarrilaron cedo e no que foron claramente superiores, acadando unha abultada victoria por 9-0. Gran traballo de todo este grupo, a seguir medrando como equipo.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Jorge G., Miguel, Pablo, Adonis, David, A. Novás, A. Alboy, Jorge C., Dani C., Jodi e Fervenza. Tamén xogaron Roy Elvis, Sergio e Dani G.

Marín C.F. «B»:  Kevin, Damian, Jaime, Fer, Javier, Miguel, Brais, Diego, Álvaro, Ángel e Alberto.

Goles: A. Novás (4), Roy Elvis (2), A. Alboy, Jorge C. e Dani González.

]]>
https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-13-14-abril/feed/ 0
Resumen da Base do 30 e 31 de Marzo https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-30-31-marzo/ https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-30-31-marzo/#respond Sun, 31 Mar 2019 18:58:57 +0000 http://www.moranacf.com/?p=25697 San Martín C.F. 5 – 0 Prebenxamíns

Os Pres viaxaron a Vilaxoan, para enfrontarse ao San Martín C.F. Un encontro no que os nosos xogaron a bo nivel e deixaron bos detalles, pero ante un rival que se mostrou superior. Os locais abriron a lata no minuto 8 por medio de Uxío, e chegaron ao descanso con clara vantaxe de 3-0 con goles de Nicolai e Iker. Dous goles máis na segunda metade de Lucas e Iker deixaban o marcador no definitivo 5-0. Ánimo e a seguir traballando!!

Ficha técnica

San Martín C.F.: Amarelle, Ángel, Diego, Lucas, Iago, Uxío, Óscar, Hugo, Iker e Nicolai.

Moraña C.F.: Saúl, Alba, Lucas, Héctor, Iago, Xurxo, Breixo, Dani e Diego.

Goles: 1-0 Uxío (min. 8); 2-0 Nicolai (min. 16); 3-0 Iker (min. 19); 4-0 Lucas (min. 24); 5-0 Iker (min. 40).

S.D. Monteporreiro 2 – 2 Benxamíns

Os Benxamíns xogaron no municipal de Monteporreiro un encontro moi emocionante. Un partido no que os locais colleron vantaxe e no que aos nosos lles tocou remontar. Ao descanso chegamos con vantaxe pola mínima 1-0 para os locais, grazas ao gol de Kevin no minuto 16. Na reanudación, o propio Kevin poñía máis terra de por medio, co 0-2 no minuto 31. Pero na última parte, Aarón recurtaba no 37, e só 30 minutos despois, o propio Aarón poñía o 2-2 que foi o resultado definitivo. Bo traballo dos dous equipos!

Ficha técnica

S.D. Monteporreiro:  Anxo, Jacobo, Cesc, Julio, Diego, Mateo, Kevin, Anxo, Yeray, Raúl e Brais.

Moraña C.F.:  Roi, Joel, Pablo, Pedro, Mario, Fernando, Mateo, Aarón e Antón.

Goles: 0-1 Kevin (min. 16); 0-2 Kevin (min. 31); 1-2 Aarón (min. 37); 2-2 Aarón (min.40).

 

E.F.B. Vilanova 0 – 3 Infantiles

Na mañán do domingo, os Infantiles visitan o Terrón, para xogar o seu encontro ligueiro ante a E.F.B. Vilanova. Un partido de poder a poder no que os nosos Infantiles foron quen de sair victoriosos. Na primeira metade, grazas ao gol de David o Moraña chegou con vantaxe ao descanso. Pero esta mínima vantaxe non permitía erros nin perda de concentración, así que os Infantiles traballaron a reo para aumentar a conta. No 56 Sergio poñía máis distancia e poñía o partido de cara, e finalmente no 78 Mateo sentenciaba. Noraboa!!

Ficha técnica

E.F.B. Vilanova:  Juan, Pablo, Morrazo, Antonio, Samu, Sergio, Lucas, Bastian, Adrián, Alejandro e Brais. Tamén xogaron Aarón, Kevin, Diego e Borja.

Moraña C.F.:  André, Saúl, Damián, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Joel e Aday. Tamén xogaron Segio, Hugo, Alejandro e Raúl.

Goles: 0-1 David (min. 28); 0-2 Sergio (min. 56); 0-3 Mateo (min. 78).

Cadetes 3 – 1 F.C. Cruceiro

Os Cadetes seguen sumando de tres, esta vez no Buelo. Recibían ao F.C. Cruceiro, nun encontro no que o Moraña logrou poñerse por diante por medio de Iván no minuto 25. Edu aumentaba a renta antes do descanso no minuto 37, pero no desconto desta primeira metade, Anxo recurtaba para o Cruceiro. A segunda metade foi emoción pura, con esa vantaxe pola mínima para os nosos. Tivemos que agardar case ao pitido final para lograr o gol da tranquilidade, acadado por Rubén no minuto 79. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Anxo, Dani Fontán, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira, Domi, Hugo e Iván García. Tamén xogou Lucas.

F.C. Cruceiro:  Dani, Manu, Andrés, Breixo, Diego, Marcos, Mateo, Pablo, Mauro, Anxo e Erik. Tamén xogaron Miguel e Fran.

Goles: 1-0 Iván García (min. 25); 2-0 Edu (min. 37); 2-1 Anxo (min. 40+5); 3-1 Rubén (min. 79).

Xuveniles 4 – 1 A.X.D. Verdugo «B»

Na tardiña do sábado, os Xuveniles recibían á A.X.D. Verdugo «B» no seu encontro ligueiro. Un partido no que os nosos golpearon primeiro, con gol de Fervenza no minuto 4. Este, a pesar das ocasións foi o único gol dos primeiros 45 minutos.

Na segunda metade, Dani poñía máis terra de por medio no 60, pero Arón recurtaba só un minuto despois. A emoción estaba servida ata o final do encontro, pero no último tramo, os goles de Roy Elvis e Alejandro Novás certificaban a victoria para o Moraña, co resultado final de 4-1. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Jorge, Pablo Sende, Adonis, David, Alejandro Novás, Alejandro Alboy, Jorge, Jodi, Sergio, Dani e Fervenza. Tamén xogaron Miguel e Roy Elvis.

A.X.D. Verdugo «B»:  Carlos, Celso, Iván, Marcial, Samu, Gabriel, Achraf, Martín, Arón, Iago e Lucas.

Goles: 1-0 Fervenza (min. 4); 2-0 Dani (min. 60); 2-1 Arón (min. 61); 3-1 Roy Elvis (min. 88); 4-1 Alejandro Novás (min. 90).

]]>
https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-30-31-marzo/feed/ 0
Resumen da Base do 23 e 24 de Marzo https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-23-24-marzo/ https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-23-24-marzo/#respond Sun, 24 Mar 2019 18:31:42 +0000 http://www.moranacf.com/?p=25609 E.F.B. Cangas 9 – 2 Prebenxamíns

Viaxe longo dos Prebenxamíns que en Montecarrasco xogaron ante a E.F.B. Cangas o seu encontro ligueiro. un partido no que o Cangas comezou moi forte, poñéndose 0-2 nos dous primeiros minutos, con goles de Raúl e Yago. Os nosos non baixaron os brazos, e traballaron a reo durante esta primeira metade para igualar, e ao descanso chegouse con 2-2 cos goles de Alba e Lucas.

Pero tralo paso polos vestiarios, o Cangas volveu a coller distancia xogando con moita intensidade, e poñendo o marcador final no definitivo 9-2. Gran traballo destes peques, e un paso máis na súa evolución.

Ficha técnica

E.F.B. Cangas: Ian, Izan, Álex, Nogueira, Yago, Hugo, Lucas, Nuñez, Breixo, Xavi e Raúl.

Moraña C.F.: Saúl, Breixo Ferrín, Alba, Iago, Lucas, Dani, Diego Arzúa, Breixo Oubiña, Xurxo, Diego Torres e Héctor.

Goles: Polo Cangas, Raúl (2), Yago, Álex (3), Hugo, Xavi e Yago. Polo Moraña, Alba e Lucas.

Benxamíns 9 – 5 C.D. Bueu

No encontro dos Benxamíns vivimos un festival de goles e de fútbol de ataque, no que os dous equipos xogaron a bo nivel e fixeron as delicias dos asistentes. Os primeiros minutos xa deron mostras do que ía a ser o encontro, con 3 goles nos primeiros 8 minutos, seguindo a liña ata ir ao descanso cun 4-1 no marcador. Na segunda metade os nosos tamén tiveron un comezo fulgurante no que puxeron as bases para a victoria, recurtando no último tramo o Bueu para deixar o marcador no definitivo 9-5. Bo traballo!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Pedro, Mario, Fernando, Mateo, Aarón, Roi e Antón Bernárdez.

C.D. Bueu:  Marcos, Mario, Hugo, Iván, Lucas, Pablo, Iker, Pedro, Samu, Cesáreo e Aitor.

Goles: Polo Moraña Aarón (3), Mario (4), Mateo (2). Polo Bueu Hugo (2), Aitor e Lucas (2).

Vilagarcía S.D. 9 – 1 Alevíns

No Berdón, novo encontro ligueiro para o noso Alevín de F11, enfrontándose ao Vilagarcía. Un encontro no que os locais foron superiores e no que acadaron unha clara victoria por 9-1, facendo o gol dos nosos Miguel. A seguir traballando rapaces!!

Ficha técnica

Vilagarcía S.D..:  Hugo, Martín, Asier, Hugo, Álvaro, Dani, Erik, Bruno, Alejandro, Nico, Yeray, Pablo, Dani e Sergio.

Moraña C.F.:  Darío Leboso, Ethan, Pablo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Aleixo, Nico, Iker, Miguel, Óscar e Darío Redondo.

Goles: Polo Vilagarcía Nico, Yeray (3), Alejandro (4) e Asier. Polo Moraña, Miguel

 

Infantiles 3 – 2 A.C.D. A Seca

Un dos encontros da xornada era o que enfrontaba aos nosos Infantiles coa A.C.D. A Seca. Un partido cheo de alternativas e emoción, sobre todo na primeira parte, e na que os nosos saíron vencedores. Adiantáronse cedo os pontevedreses, co gol de Iago no minuto 3, vantaxe que Hugo neutralizaba no minuto 11. No 26, Jaime volvía a poñer á A.C.D. por diante, pero case co pitido do descanso Abel (no 39) e Álvaro (no 41) poñían 3-2 por diante aos nosos. Nos segundos 40 minutos, houbo alternativas para ambos conxuntos, pero o marcador non se moveu e quedou nesa victoria pola mínima para o Moraña. Noraboa!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Hugo, Aday, Damián, Alejandro, Joel, Marta e Raúl.

A.C.D. A Seca:  Javi, Pablo, Ignacio, Alejandro, Jaime, Iago, Álvaro, Martín, Saúl, Duarte e Samir. Tamén xogaron Diego, Jorge, Pedro, Pablo e Pape Mor.

Goles: 0-1 Iago (min. 3); 1-1 Hugo (min. 11); 1-2 Jaime (min. 26); 2-2 Abel (min. 39); 3-2 Álvaro (min. 41).

 

Atl. Cuntis 0 – 3 Cadetes

Derbi na Ran para a mañán do domingo entre os nosos Cadetes e os do Atl. Cuntis. Un derbi no que os nosos cimentaron a victoria no primeiro tramo do encontro, co primeiro gol de Alejandro no minuto 13, e case de inmediato, o segundo de Pereira no 14. Con este 0-2 se chegou ao descanso.

Non se rendiron os cuntienses na segunda metade, pero o Moraña plantexou un encontro moi serio e con moita intensidade e co gol de Pereira no minuto 75, certificaban a victoria e tres novos puntos no casilleiro. Noraboa!

Ficha técnica

Atl. Cuntis:  Carlos, Borja, Roi, Ángel, Xabi, Rubén, Anxo, Aleixo, Luca, Losada e Martín. Tamén xogaron Samu, Dani, Antón e Iván.

Moraña C.F.:  Iván García, Isma, Anxo, Dani Fontán, Lucas, Rubén, Edu, Alejandro, Pereira, Domi e Iván Rego. Tamén xogaron Óscar, Amestoy e Hugo.

Goles: 0-1 Alejandro (min. 13); 0-2 Pereira (min. 14); 0-3 Pereira (min. 75).

S.C.D. Salcedo 2 – 1 Xuveniles

Os Xuveniles viaxaron na mañán do sábado ao Príncipe Felipe de Pontevedra para xogar ante o Salcedo. Os nosos golpearon primeiro, co gol de Fervenza no minuto 20, pero Gary lograba a igualada para os locais antes do descanso (minuto 25). Sen máis goles nesta primeira metade, quedaba todo por decidir nos segundos corenta e cinco minutos. Con ocasións polas dúas partes pero sen dominador claro, o encontro parecía condenado ao empate, pero no 87 Cristian facía o gol que lle daba a victoria ao Salcedo, deixando o marcador no definitivo 2-1.

Ficha técnica

S.C.D. Salcedo:  Juan, Ibrahimi, Álvaro, Cristian, Adonis, Kelvar, Rubén, Moha, Ayoub, Pablo, Gary. Tamén xogou Fran.

Moraña C.F.:  Jorge, Pablo Sende, Adonis, David, Novás, Alboy, Dani, Jodi, Sergio, Dani e Fervenza. Tamén xogaron Iván, Correia, Roy e Pedro.

Goles: 0-1 Fervenza (min. 20); 1-1 Gary (min. 25); 2-1 Cristian (min. 87).

]]>
https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-23-24-marzo/feed/ 0
Resumen da Base do 15, 16 e 17 de Marzo https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-15-16-17-marzo/ https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-15-16-17-marzo/#respond Sun, 17 Mar 2019 20:07:42 +0000 http://www.moranacf.com/?p=25526 Biberóns 1 – 3 Puentecaldelas «B»

 

Derradeira xornada para os nosos Bibes na Liga de Poio, ante o Puentecaldelas «B». Un encontro moi competido, con ocasións para ambos equipos e cheo de emoción. Os nosos comezaron moi forte dominando e non permitindo que o Puentecaldelas chegase á portería. Pouco a pouco o Puentecaldelas foise refacendo e empezou a chegar e nunha contra tras un rechace marcanos o primeiro, resultado co que chegamos o descanso.
Trala reanudación os nosos sairon a polo partido e nunha contra Xoel marca o gol morañés. Seguiron intentando pero non o conseguimos a pesar de dispoñer de varias ocasións, sobre todo á contra.
Tras un mal despexe marcamos un gol en propia a poucos minutos do final, e o terceiro convertérono case co pitido do árbitro.

Como comentamos, con este encontro os Bibes rematan unha tempada máis a liga de Poio na que o pasaron xenial. Dende o Moraña C.F. agradecemos aos organizadores e patrocinadores deste Torneo, e dámoslle a noraboa por outra tempada de éxito. Aos nosos quédalles agora prepararse para o vindeiro reto!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Dylan, Gabi e Mauro

Goles: Xoel

Prebenxamíns 2 – 12 E.F. Villa de Marín

Os Pres recibiron ao E.F. Villa de Marín na mañán do sábado no Buelo, nun encontro que estivo igualado na primeira metade, pero que caeu claramente do lado visitante na segunda. Tras un bo comezo, a E.F. púxose 0-3 no marcador no primeiro cuarto de hora, pero o gol de Lucas achegaba aos nosos antes do descanso. Pero na segunda metade, os visitantes foron un vendaval, poñendo terra de por medio e acadando o resultado final de 2-12 co que rematou o encontro. Ánimo e a seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Saúl, Xurxo, Iago, Lucas, Dani, Diego, Breixo Oubiña, Héctor, Breixo Ferrín, Mamadou e Alba.

E.F. Villa de Marín.: Santi, Adolfo, Guiller, Noel, Ángel, Andrés, Martín, Noa e Nico.

Goles: Polo Moraña Lucas e Alba. Polo E.F. Villa de Marín Santi, Ángel (4), Adolfo (4), Martín.

Benxamíns 10 – 1 Barro C.F.

Os Benxamíns levaron o derbi comarcal ante o Barro C.F. xogado na mañán do sábado no Buelo. Un encontro no que o Moraña fixo un gran encontro e case sen dar opcións ao rival dende o comezo, indo ao descanso xa cun claro 4-0 no marcador. Na segunda metade, os nosos non baixaron o pistón, xerando moito perigo e xogando a un gran nivel e deixando o marcador no definitivo 10-1. Noraboa e gran traballo.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Mario, Fer, Mateo, Aarón e Antón Bernárdez

Barro C.F.:  Aarón, Marcos, Mateo, Hugo, Latas, Samu, Kevin, Xoel, Rubén, Pablo, Pedro, Carlos, Sergio e Darío.

Goles: Polo Moraña Pablo (2), Mario (3), Aarón (3), Fernando (2). Polo Barro, Hugo.

Alevíns 1 – 6 C.D. Ribadumia

Os Alevíns recibiron no Buelo ao C.D. Ribadumia, nun encontro no que os nosos foron quen de adiantarse no electrónico grazas a un gol de Yosi de falta. No minuto 20, Mateo empataba para os visitantes, chegando co 1-1 ao descanso. Na segunda metade, un bo comezo do Ribadumia cimentou a súa victoria, xa que marcaron dous goles que encarrillaban o encontro. Os nosos seguiron pelexando a reo, pero foron os amarelos os que aumentaron a vantaxe, deixando o resultado final no definitivo 1-6. Ánimo e a seguir.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Ethan, Pablo, Xabi, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Aleixo, Darío Redondo, Miguel, Nico, Darío, Iker e Jonathan.

C.D. Ribadumia:  Yago, Manu, Joaquín, Luis, Antonio, Brais, Lucas, Rubén, Pablo, Anxo e Mateo. Tamén xogaron Mateo, Sodía e Valeria.

Goles: 1-0 Yosi (min. 14); 1-1 Mateo (min. 20); 1-2 Brais (min. 41); 1-3 Antonio (min. 46); 1-4 Rubén (min. 57); 1-5 Lucas (min. 61); 1-6 Pablo (min. 66).

E.D. Poio  1 – 7 Infantiles

Na mañán do domingo, os Infantiles visitaban á E.D. Poio en encontro ligueiro. Un partido que se preveía intenso, e que os nosos souberon solventar con oficio e bo xogo. Hugo adiantou ao Moraña no minuto 5, aumentando a renta por medio de David e Álvaro antes do descanso. Hugo facía o seu segundo gol no 39 para poñerse 0-4 e Adri recurtaba para o Poio. Na segunda metade, Álvaro, Mateo e Hugo puxeron máis terra de por medio, deixando o marcador no definitivo 1-7. Bo traballo e a seguir!!

Ficha técnica

E.D. Poio:  Antonio, Martín, Hugo, Adri, Diego, Miguel, Meis, Alonso, Víctor, Patiño e Pablo. Tamén xogaron Álex, Xabi, Iván, Gabian e Juan.

Moraña C.F.:  André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Hugo, Aday, Damián, Alejandro, Joel e Marta.

Goles: 0-1 Hugo (min. 5); 0-2 David (min. 20); 0-3 Álvaro (min. 29); 0-4 Hugo (min. 39); 1-4 Adri (min. 45); 1-5 Álvaro (min. 52); 1-6 Mateo (min. 63); 1-7 Hugo (min. 75).

Cadetes 1 – 1 A.D. Sagrado C.F.

Encontro de poder a poder o xogado na tarde do sábado no Buelo, entre a A.D. Sagrado C.F. e os nosos Cadetes. Un partido igualadísimo e no que os pequenos detalles foron chave para o seu devenir. Os nosos xogaron a un gran nivel, como nos teñen acostumados, pero os pontevedreses demostraron que non ían a regalar nada. Tras chegar 0-0 ao descanso, Domi no minuto 49 adiantaba ao Moraña, pero só un minuto despois, o Sagrado empataba por medio de Iago.

Malia que aínda restaba media hora e os dous equipos tiveron ocasións, o marcador non se moveu, este empate a un gol foi o resultado definitivo. Bo traballo e a seguir!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Iván, Isma, Anxo, Dani, Lucas, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira e Domi. Tamén xogaron Óscar, Iván Rego e Javi.

A.D. Sagrado C.F.:  Pablo, Jose, Victor, Cabada, Pérez, Javi, Iago, Manu, Felipe, Diego e Hugo, Tamén xogaron Alejandro, Miguel, Luis, Jorge e Fernando.

Goles: 1-0 Domi (min. 49); 1-1 Iago (min. 50).

]]>
https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-15-16-17-marzo/feed/ 0
Resumen da Base do 9 e 10 de Marzo https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-9-e-10-de-marzo/ https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-9-e-10-de-marzo/#respond Sun, 10 Mar 2019 20:33:52 +0000 http://www.moranacf.com/?p=25438 Biberóns 0 – 2 Salcedo

Os Biberóns xogaron na tarde do sábado un encontro adiado ante o Salcedo.

Mal partido dos nosos sobre todo na primeira metade. Ao pouco de comezar, o Salcedo marcaba o primeiro. Os nosos intentaban a igualada pero na que non saian as cousas. O Salcedo dispuxo dun par de ocasións que non conseguiron materializar.

Na segunda metade os nosos saíron mellor tendo unhas cantas ocasións de gol, pero que o porteiro conseguiu deter. Nun roubo no medio do campo o Salcedo saíu rápido e marcou. Os nosos seguirono tentando pero sin éxito.

A seguir aprendendo e sobre todo divertíndose.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Dylan, Iñaki e Mauro.

Biberóns 0 – 6 A.D. Sagrado «B»

Na mañán do sábado, tocaba xogar en Poio ante a A.D. Sagrado «B». Os nosos sairon forte pero non lograron marcar, o Sagrado marca e os peques viñeronse abaixo e cunha presión moi alta a saída de balón conseguiron marcar 3 mais antes do descanso.
O Moraña saiu máis enchufado pero sin xerar perigo na portería rival, pero Sagrado foi quen de marcar nun par de ocasións máis antes do final.
Moito ánimo bibes.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Dylan, Iñaki, Gabi e Mauro.

INDEPO C.F. 4 – 0 Prebenxamíns

Visita dos nosos Pres ao Príncipe Felipe para enfrontarse ao INDEPO C.F. Un novo encontro ligueiro no que os nosos pelexaron moi ben os primeiros 25 minutos, pero que acusaron o cansancio na segunda metade. Adiantouse cedo o INDEPO, por medio de Nil no minuto 2, sendo este o único gol da primeira parte. Na segunda, os pontevedreses foron superiores, e co doblete de Marco e o gol de Enrique, certificaron a súa victoria por 4-0. A seguir traballando!

Ficha técnica

INDEPO C.F.: Miguel, Saúl, Marco, Enrique, Iván, Nil, Hugo, Aitor, Andrea, Álex e Gorka..

Moraña C.F.: Saúl, Xurxo, Iago, Lucas, Dani, Diego Torres, Breixo Oubiña, Héctor, Breixo Ferrín,  e Diego Arzúa.

Goles: 1-0 Nil (min. 2); 2-0 Marco (min. 34); 3-0 Enrique (min. 38); 4-0 Marco (min. 43).

U.S.D. O Grove 9 – 2 Benxamíns

Viaxe longo dos Benxamíns, que xogaron en Monte da Vila ante a U.S.D. O Grove. Un encontro cheo de goles, no que os locais se adiantaron no primeiro minuto, reaccionando os nosos no 12. Pero tras este 1-1, o Grove marcou a pauta no encontro, facendo goles e ocasións e poñendo vantaxe no electrónico ata o 9-1. Case no pitido final, Pablo facía o segundo dos nosos, deixando o marcador no definitivo 9-2. Ánimo e a seguir!

Ficha técnica

U.S.D. O Grove.:  Estevo, Niko, Yago, Hugo, Anxo, Xabi, Breixo, Roy, Lucas, Yago, Xabi, Santi, Nasir e Iker.

Moraña C.F.:  Antón Alfonsín, Joel, Pablo, Mario, Fer, Mateo, Aarón, Roi e Antón Bernárdez

Goles: 1-0 Anxo (min. 1); 1-1 Mario (min. 12); 2-1 Yago (min. 13); Anxo (min. 18); 4-1 Breixo (min. 23); 5-1 Yago (min. 26); 6-1 Yago (min. 34); 7-1 Roy (min. 34); 8-1 Estevo (min. 43); 9-1 Estevo (min. 46); 9-2 Pablo (min. 48).

Juv. Cambados «B» 8 – 0 Alevíns

Visita dos Alevíns ao Pombal, para enfrontarse ao Juv. Cambados. Un encontro no que os locais foron superiores e levaron o peso do encontro. Os nosos, traballaron a reo, pero o Cambados logrou ir ao descanso con vantaxe de 3-0, que se ampliou ata o 8-0 definitivo na segunda parte. A seguir rapaces!!

Ficha técnica

Juv. Cambados «B»:  Mateo, Pablo, Martín, Pablo, Manu, Guiller, Iván, Lucas, Alberto, Santiago, Xurxo, Gabriel Viñas, Gabriel Vieites e Mauro.

Moraña C.F.:  Darío Leboso, Ethan, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Rubén, Hugo, Aleixo, Nico, Miguel, Óscar, Iker, Jonathan.

Goles: Martín, Manu, Santiago (3), Xurxo (2) e Gabriel.

Infantiles  5 – 1 Salgueiriños C.F. «B»

Os Infantiles foron quen de sacar os puntos no seu encontro ante o Salgueiriños C.F. «B» no Buelo, nun partido que se definiu no tramo final. Adiantáronse os nosos, con gol de Hugo no minuto 23. Álvaro puxo máis vantaxe no 30, pero antes do descanso, César poñía emoción co 2-1. Tivemos que agardar ata o último cuarto de partido para lograr a tranquilidade. David puxo o 3-1 no 62 que daba moitas opcións, pero cos goles de Joel e Mateo case no final, o marcador final quedou en 5-1. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, Jorge, David, Hugo, Aday, Alejandro, Joel e Marta.

Salgueiriños C.F. «B»:  Hugo, Rodri, Álvaro, Pablo, Nico, Xurxo, Germán, Raúl, Manu, César, Jorge, Manu Veiras, Pablo, Maximo, Mateo e Alexandre.

Goles: 1-0 Hugo (min. 23); 2-0 Álvaro (min. 30); 2-1 César (min. 35); 3-1 David (min. 62); 4-1 Joel (min. 75); 5-1 Mateo (min. 79).

E.F. Cobres 2 – 3 Cadetes

Novo encontro ligueiro dos Cadetes, e novo partidazo, cheo de emoción e con remontada incluída. Comezou o Cobres por diante, cun gol tempraneiro no primeiro minuto. Álex logrou a igualada no minuto 12, e pese as ocasións, así se foi ao descanso.

Na segunda metade, Pereira poñía aos nosos por diante no 42, pero a reacción local era case inmediata, e Iván poñía o 2-2 no 49. As forzas estaban moi igualadas e o encontro podía caer de calquer lado, pero grazas ao gol de Edu no 71, os puntos viaxaron para Moraña. Noraboa!

Ficha técnica

E.F. Cobres.:  Fran, Pablo, Lucas, Iván, Anxo, Pedro, Arón, Yago, Diego, Brais e Campo. Tamén xogaron Joel, Iago, Álvaro, Raúl e Borja.

Moraña C.F.:  Óscar, Isma, Anxo, Dani, Lucas, Rubén, Edu, Álex, Pereira, David, Domi e Jonathan. Tamén xogaron Iván e Javi.

Goles: 1-0 Lucas (min. 1); 1-1 Álex (min. 12); 1-2 Pereira (min. 42); 2-2 Iván (min. 49); 2-3 Edu (min. 71).

Marín C.F. «B» 1 – 1 Xuveniles

Os Xuveniles viaxaron a San Pedro na mañán do domingo para enfrontarse ao Marín C.F. «B». Un encontro no que tivemos que agardar aos goles ata case o último minuto, xa que chegamos con 0-0 ata o 89. E en dous minutos, gol local de Aarón e empate de Álex, para certificar un empate no último suspiro.

Ficha técnica

Marín C.F. «B»: Jorge, Miguel, Pablo, David, Alex, Alboy, Dani, Roy, Sergio e Fervenza. Tamén xogaron Adonis, Jorge Correia, Jodi e Dani.

Moraña C.F.: Jorge, Pablo Sende, David, Alex, Alboy, Correia, Dani, Jodi, Sergio, González e Fervenza. Tamén xogaron Roy Elvis e Pedro.

Goles: 1-0 Aarón (min. 89); 1-1 Álex (min. 89).

Todas as imaxes deste encontro, neste enlace.

]]>
https://www.moranacf.com/resumen-da-base-do-9-e-10-de-marzo/feed/ 0