Victoria traballadísima a colleitada na tarde de onte polos nosos Veteranos nun Mirallos totalmente anegado e no que pouco fútbol se puido practicar, sobre todo nos primeiros 45 minutos.

Para variar, a maior dificultade coa que se atopou o míster Germán Rúa foi loitar unha semana máis coas baixas, logrando xuntar a 12 valentes para afrontar o encontro.

Os primeiros compases de partido foron duros para os dous equipos, nun campo no que non se podía conducir o balón, os pases eran moi difíciles e a única opción era buscar o fútbol directo. As primeiras ocasións foron morañesas, pero non fructificaron.

Para máis Inri, no minuto 20, Óscar resentiuse da súa lesión, e tivo que entrar Santiño no seu lugar, pasando Rafa Sierra á portería.

Ao descanso chegouse con vantaxe pola mínima dos morañeses, ao aproveitar un balón ao espazo Santiño, regateando ao porteiro e marcando dende lonxe á porta valeira.

No segundo acto, os morañeses «nadaron e gardaron a roupa», temporizando e facendo valer a súa vantaxe, e aproveitando o contraataque para finiquitar ao rival con varias xogadas con rápidas combinacións arriba que fixeron que Santiño marchase cun póker. Aproveitou as asistencias de Iago, Jairo e Nico, que realizaron un gran esforzo arriba.

Pouco máis que salientar deste encontro, no que o fútbol non apareceu ata o tramo final, cando o campo comezou a secar e permitía combinar un pouco máis. Destacamos a reaparición de Iago tralas súas molestias de xeonllo, e o debut dun novo compañeiro, Jairo, que realizou un gran encontro.

A seguir traballando e sumando, e sobre todo, a comezar a vaciar a enfermería.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 4 – 0 Marcón Dibay

Moraña C.F.: Óscar, Ventura, Toño, David, Fuentes, Nico, Sayáns, Mario, Jairo, Iago, Rafa Sierra e Santiño.

Goles: Santiño (4)

Compárteo!

Deixa un Comentario