• Importantísima victoria na casa do líder.

  • Ata o día de hoxe, o Zacande estaba invicto.

Importantísima victoria a acadada polo noso primeiro equipo ante un Zacande que chegaba a este encontro sen coñecer a derrota. Os nosos saíron enchufados ao partido, concienciados que facendo un bo traballo, poderían facer puntos.

Non se moveu o marcador nos primeiros 45 minutos, pese a que houbo ocasións polas dúas partes. Tiveron Collins e máis Rodrigo opcións de abrir o marcador, pero non se deron concretado. O Zacande tamén dispuxo dalgunha clara, sobre todo unha xogada de córner que Anxo non logra blocar e Celso saca sobre a liña.

Na segunda metade, por fin chegaron os goles. Os nosos saíron subindo aínda máis a intensidade, e nunha acción a balón parado no 60, no que os nosos colgaron o balón á área, Rodrigo cabeceaba pegado ao pao para poñer o 0-1 que facía xusticia ao visto no campo. Este gol fixo que o Moraña se replegase, sen deixar espazos e buscando unha contra que lle fixera pechar o partido. Pero no 75, unha xogada por banda remata nun centro para que Francisco cabeceara o empate. Empezaba un partido novo.

Neste tramo final, o Zacande tivo o segundo nunha xogada na que a presión morañesa non funciona, e cando se plantaba só o dianteiro local, o árbitro decreta fóra de xogo. Pero quen acadou o gol, foi o Moraña: unha xogada na que Rodrigo pelexa un balón en banda dereita, saca disparo e o rexeite é aproveitado por Samu para poñer o 1-2. Era o minuto 86, e quedaba moito traballo para sacar os puntos. O Zacande volcouse en ataque, colgando balóns, e o Moraña sacaba petróleo nas contras, pero sen concretar, incluso en xogadas de clara vantaxe. Malia todo, non se moveu o marcador e o resultado final foi ese 1-2 que lle deu a victoria aos nosos.

Próxima xornada, o vindeiro domingo en Mirallos ante o C.D. Bamio.

FICHA TÉCNICA

Zacande F.C.: Jose, Javi, Benito, Jorge, Christian, Francisco, Juan, Manu, Wenceslao, Nico e Pablo. Tamén xogaron Guillermo, Roberto, Jose e Gabriel.

Moraña C.F.: Anxo, Allan, Salva, Yeray, Iván Vidal, Collins, Edu, Kevin, Celso, Suso e Rodrigo. Tamén xogaron Borja, Caba, Samu, Javi e Jonathan.

Goles: 0-1 Rodrigo (min. 60); 1-1 Francisco (min. 75); 1-2 Samu (min. 86)

Compárteo!

Deixa un Comentario