• Derrota para comenzar a segunda volta.

  • O gol de Pablo Porta non foi suficiente.

Comezaban os Senior a segunda volta da competición viaxando ao Municipal de Meis para enfrontarse ao Zacande F.C. Os locais, en posicións de descenso xa deran mostras de melloría na derradeira xornada, vencendo con solvencia ao Amanecer, polo que os nosos saían mentalizados de que ía a ser un encontro moi duro.

Non se moveu o marcador nos primeiros 45 minutos, e tivemos que esperar á segunda metade para ver goles. Foi Alberto quen abriu a lata no minuto 55, batendo a Caba e poñendo o 1-0 no marcador. Nun encontro tan igualado, parecía un paso importante, pero Pablo Porta lograba empatar no 63. Seguiu o encontro moi igualado neste último tramo, pero Carlos no 84 facía o 2-1 definitivo, que deixaba os puntos en Meis.

A seguir traballando e pelexando!! Próximo encontro recibimos ao Marcón Atlético en Mirallos. Vamos!

FICHA TÉCNICA

Zacande F.C.: Lucas, Miguel, Benito, Carlos, Alberto, Wences, Adri, Nico, Pablo, Castro e González. Tamén xogaron Aarón, Roberto, Juan José, Miguel e Gabriel.

Moraña C.F.: Caba, Salva, Iván, Rober, Richi, Álvaro, David Alexander, Pablo Porta, Edu e Ferro. Tamén xogaron Anxo, Borja, Iván Vidal, Miguel e Chima.

Goles: 1-0 Alberto (min. 55); 1-1 Pablo Porta (min. 63); 2-1 Carlos (min. 84).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario