Partido de poder a poder o vivido na noite de onte no Buelo, entre os equipos xuveniles do Moraña e o Puente Arnelas. Un encontro cheo de goles, emoción e que só no último tramo se decidiu cara o lado morañés.

O encontro comezou eléctrico, logrando adiantar aos nosos Javi no minuto 8. Foi quen de igualar o Puente Arnelas grazas ao Iván, no minuto 34, chegando con este empate ao descanso. No segundo acto a igualdade seguiu sendo a tónica do encontro. Gago adiantou de novo aos nosos no 60, pero Aarón fixo outra vez a igualada no 70.

Neste último tramo estivo a chave. Sobre todo no rápido da reacción, xa que Gago só dous minutos despois do gol visitante facía o 3 a 2 certificando o seu doblete. Pechaba o marcador Brais no 89, facendo o 4 a 2.

Noraboa aos Xuveniles, que xogaron un gran partido e lograron levar os puntos, sumando xa 22. Próxima parada, Cambados o vindeiro sábado. Moito ánimo e a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 4 – 2 Puente Arnelas

Moraña C.F.: Jose, Cela, Jorge (Alejandro, minuto 20), Francisco, Iago, Javier, Leis (Ferro, minuto 68), Brais (Suso, minuto 89), Joel, Xián e Gago.

S.D. Puente Arnelas: Pablo, Samuel (Santiago, minuto 80), Adrián, Efrén, Martín, Jesús (Aarón minuto 80), Alejandro, Aaron (Iago, minuto 84), Iván, Miguel, Pablo e Javier.

Goles: 1-0 Javier (minuto 8); 1-1 Iván (minuto 34); 2-1 Gago (minuto 60); 2-2 Aarón (minuto 70); 3-2 Gago (minuto 72); 4-2 Brais (minuto 80)

Compárteo!

Deixa un Comentario