Na mañán de onte tivo lugar a derradeira xornada da I BibeCUP, torneo de fútbol biberón que organizou o Moraña C.F. este ano por primeira vez. Nesta última xornada xogáronse 4 encontros, aproveitando para recuperar a segunda xornada que se tivera que aplazar.

Despois de xogar os encontros, os rapaces desfrutaron dunha merendola no propio pavillón, e recibiron os trofeos e medallas conmemorativas de participación no torneo, donadas polo Café Bar Xolda. Para rematar a festa, Silexart donou unha tarta de La Búha Dulce, da que quedaron pouco máis que as migallas.

Moitísimas grazas a todos os participantes no nome do Moraña C.F. e polo éxito desta Primeira BibeCUP. Agardamos que este sexa o comezo dun torneo que vaia ganando peso en vindeiras tempadas e se convirta nun referente.

Compárteo!

Comentarios Pechados.