O Moraña C.F. colaborando co Concello de Moraña, presenta un grandísimo encontro que vai ter lugar o Sábado 30 de Xullo ás 19:00 no Campo Municipal de Mirallos: o XLVII Trofeo Carneiro ao Espeto, que enfrontará ao Pontevedra C.F. e ao R.C. Celta de Vigo «B».

Estes dous grandes conxuntos utilizarán este Torneo para seguir apurando a preparación de cara ao comezo de Liga, e de seguro que deixan un grandísimo espectáculo no noso campo.

Lembramos que todos os socios do Moraña C.F. poden acudir totalmente GRATIS a este encontro.

Agardámosvos a todos alí!!

Compárteo!

Deixa un Comentario