As categorías Prebenxamín e Benxamín do Moraña C.F. comezaron onte a súa andainda nesta tempada 2015/2016. A pesares de ter previsto o seu inicio de traballo para a vindeira semana, o feito de que se adiantasen os comezos das competicións fixo que se reintegraran xa aos adestramentos.

Ás ordes de Xoel Souto e Celsiño Diz (que fará dupla con Eloy Rodríguez neste equipo), os rapaces volveron a tomar contacto co campo de xogo e o balón.

Volverán a adestrar este xoves, e este sábado xogarán un partido de adestramento que enfrontará a estes dous equipos de cara a mellorar a súa preparación.

Moito ánimo e sorte para estes dous equipos!!

Compárteo!

Deixa un Comentario