Este venres publicouse o Calendario da Primeira División de Veteranos de Pontevedra, nesta primeira andadura baixo a FGF.
Os nosos «abuelos» debutarán nesta tempada na casa, ante a A.V. Puente Caldelas o sábado 10 de Setembro no Buelo ás 18:00.
Aproveitarán os morañeses este encontro para presentar as caras novas e as fichaxes de cara a este ano, e a ver con qué novas tácticas vai tentar sorprender o incombustible míster local, Germán Rúa, aos rivais.
Moito ánimo e a dalo todo!

Pódese descargar o Calendario desta Liga de Veteranos, aquí: Calendario Primeira Veteranos

Compárteo!

Comentarios Pechados.