Santiño na foto, autor de dous goles do Moraña.

 O MORAÑA ADIANTOUSE EN DUAS OCASIÓNS NO MARCADOR, PERO OS CINCO PRIMEIROS MINUTOS DO SEGUNDO TEMPO FORON FATIDICOS PARA OS MORAÑESES, POIS OS DAS RIAS BAIXAS  APROVEITANDO A PAXARA DOS DO CARNEIRO, DERONLLE A VOLTA O MARCADOR. PARTIDO MOI DISPUTADO DONDE A LESIÓN DE SANTI PAZ  FOI DETERMINANTE PARA O RESULTADO FINAL.

VILLALONGA., C.F.: José Isaac(45′ Ernesto); Juli(50’Diego), Gandara, Ruben, Jairo(60’Suso); Toño(35’Cani), Gonzalo(60’Tomás), David, Javi(51’Fernando), Jorge(75’Miguel) e Aba.

MORAÑA., C.F. Xabier Maté (75′ Vicente), Fuentes, Yeyo, Juan, Oscar(46′ Vari); Sayans, Mario Costas, Celso; Nico, Santiño e Santi Paz(32’Esteban, 70’Ventura).

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 5′,- Xogada de toda a dianteira do Villalonga, con remate final de Aba, que deten Maté nunha gran parada.

Minuto 10′, 0-1,- GOOOOOOL do Moraña, roubo de balón no centro do campo por medio de Mario Costas que abre a banda a Santi Paz, que por velocidade baixe de varios contrarios e ante a saida deseperada do porteiro bateo por baixo.

Minuto 17,- xogada de toda a dianteira do Villalonga con remate final de Aba, que vai o poste.

Minuto 25′, 1-1,- GOOOL do Villalonga, despiste defensivo do centro da zaga morañesa, aproveitando o escurridizo Aba, para nivelar o marcador.

Minuto 37′,- lanzamento  novamente dende fora da area de Aba, batendo o esferico no largueiro.

Minuto 38′, 1-2,- GOOOOOOL do Moraña, córner a favor dos morañeses o cal o executa Santiño, marcando de saque directo, tras fallo do gardameta local. 

Minuto 40′, saque o borde da area do Villalonga a cal executa Celso, saindo fora por pouco.

Minuto 47′,- 2-2, entrada de David por banda ezquerda, pasándolle o esferico a Seijo, que de tiro moi escorado bate a Xabier Maté.

Minuto 50,- 3-2, marca novamente Seijo, ante a pasividad dos defensores do Moraña.

Minuto 65,- Gran xogada de Vari por a dereita con pase da morte a Santiño e este lanza un gran tiro,  respondendo con unha gran parada o gardameta Ernesto a base do poste.

Minuto 75,- 4-2, GOOOOOL do Villalonga, falta o borde da area e cando o Moraña se dispoñia a formar a barreira sin pedila o Villalonga, lanza con moita pilleria Otero,  sorprendendo a Maté, cando este se dispoñía a formar a barreira, ante a inocencia dos morañeses. 

Minuto 85′,- 4-3, GOOOOOL do Moraña, lanzamento de Nico, petando o esferico na man de un defensor do Villalonga, o claro penalty o lanza maxistralmente Santiño engañando o porteiro. 

ARBITRO: Asúbiou o encontro o colexiado Pontevedrés Tomás Romero, realizando un excelente arbitraxe, enseñou unha tarxeta amarela o xogador do Villalonga,  Otero.

INCIDENCIAS: Tarde moi agradable para a práctica do futbol con unha temperatura  de (22º). Os xogadores morañeses Gerino e Pedro, non saltaron o terreo de xogo por problemas fisicos, tampouco xogou Rúa por desión técnica.

DESTACADOS: Por o Villalonga, David, Seijo e Aba e por os morañeses Santi Paz durante os trinta minutos que estuvo no campo, Mario Costas, Sayáns e o goleador Santiño.

Compárteo!

Deixa un Comentario