Partido con claroscuros o xogado pola nosa sección de Veteranos na tarde de onte no Buelo ante o C.D. Portas na 9ª Xornada de Liga. Os nosos chegaban a esta cita con varias baixas importantes, pero con número suficiente para afrontar o encontro con garantías.

Os pupilos de Rúa sairon ao encontro a tope, e a pesares dalgunha imprecisión, os primeiros minutos foron de dominio total morañés. Pronto se adiantaron os nosos, cun gran gol de Eloy que encarou ao porteiro e definiu ben. Celsiño fixo o segundo cun gran remate que entrou tras dar no poste esquerdo da portería. O encontro parecía encarrilado con este 2-0 en só 20 minutos, pero os morañeses pecaron de relaxación, e permitiron ao Portas meterse no encontro.

Reduciron distancias nunha contra por banda esquerda, tras unha subida de Yeyo, e conseguiron empatar xusto antes do descanso, con outra xogada por banda esquerda na que Fuentes tentando sacar o balón, o mete na propia portería. Partido novo e tocaba espabilar, xa que nestes minutos de relaxación, o equipo xogou a un nivel moi baixo.

Tralo paso pola caseta, os veteranos saíron reactivados, e Óscar Barros fixo un golazo 20151101095143-1incorporándose desde segunda liña en xogada personal, que poñía o 3 a 2 con toda a segunda parte por diante. Aquí estivo a chave, xa que o Moraña non foi quen de pechar o partido nestes minutos, e ao deixar ao Portas con opcións de puntuar, os visitantes non baixaron os brazos.

Sucedíanse as ocasións do Moraña, que non chegaba a marcar o cuarto, e as contras do Portas cada vez con máis perigo. Chegamos así ao tramo final do encontro, cheo de idas e voltas e nos que o resultado se volveu tolo. O Portas igualou a 3 novamente cunha xogada do seu dianteiro por parte dereita, na que os defensas morañeses lle deixaron demasiado espazo. Logrou xirar na área pequena, dar o pase atrás e Miguelito definiu a placer.

Case non quedaba nada de partido e parecía que o 3 a 3 era definitivo. Pero no derradeiro ataque morañés, unha falta próxima á área rival fai que Eloy marque un auténtico golazo, buscando de forte disparo o pao do porteiro. 4-3 e tempo cumplido, parecía que os puntos quedarían en Moraña. Pero tembloulle o pulso aos veteranos, que non tiraron precisamente do que se lles presupón: veteranía. Non lograron calmar o xogo, e nunha falta máis que discutible o Portas tiña a última. Aquí pecou de soberbia o cancerbeiro morañés Rafa Sierra: o lanzamento que iba por enriba da barreira e que puido despexar, decidiu deixalo pasar pensando que saía, da no pao e queda para o remate fácil en segunda xogada. Un erro grave que costou dous puntos ao equipo e que tamén lle costou cos resultados da xornada, o liderato. 4-4 foi o resultado final, e reparto de puntos.

Unha lástima deixar voar a victoria no último suspiro, pero a verdade é que o equipo tivo momentos bos e momentos malos neste encontro, polo que o empate se pode considerar un resultado xusto. A seguir traballando e sorte para o vindeiro encontro.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. Veteranos 4 – C.D. Portas Veteranos

Moraña C.F.: Rafa Sierra, Yeyo, Sayáns, Mario Costas, Fuentes, David, Celso, Óscar Barros, Eloy, Santiño, Nico, Vicente, Velay e Iago Castro

Goles: Eloy (2), Celso e Óscar Barros

Compárteo!

Deixa un Comentario