Non foi a tarde dos Veteranos a de onte no Buelo, nun día para esquencer no que nada lles saía. Para este encontro, o míster contaba con 14 xogadores, recuperando efectivos tralas baixas e con múltiples opcións para sacar o partido adiante.
Xa cedo se veu que esto non pintaba ben. No minuto sete, o árbitro sinala un penalti por man clara dun rival, e Santiño envía o balón as nubes. Case se adianta o San Pedro na seguinte xogada cunha mala cesión atrás de Toño, pero non o lograron.
Chegou o gol pouco despois, nunha gran internada por banda esquerda con gran disparo, despexe de Rafa e remate á rede pola escadra do dianteiro visitante. Este gol espoleu aos nosos un chisco, que xeraron varias ocasións claras para facer a igualada, pero quen marcou foi o San Pedro, nun gran balón á espalda da defensa que deixa só ao dianteiro para facer o segundo no man a man. Dispuxeron os nosos dun novo penalti, esta vez por unha clara falta na área a Santiño, pero esta vez Jairo mandou o balón fóra. Parecía incrible que xerando tanto perigo os morañeses non abriran o marcador, pero así se chegou ao descanso.
Na segunda parte, Nanancho moveu o banquillo, dando entrada a Óscar e tirando de experiencia a Ventura e Ernesto Casal. Púxose 0-3 o San Pedro no remate dun córner e o encontro parecía decidido, pero Santiño nunha boa contra facía o 1-3 e, noutro penalti por man, esta vez sí, Mario facía o 2-3. Achucharon os veteranos no tramo final para lograr a igualada, pero non foron quen, e os puntos marcharon do Buelo dende os 11 metros. Agora a descansar esta Semana Santa e a preparar o vindeiro encontro.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 3 San Pedro Bar Naranjito

Moraña C.F.:Rafa, Juan, Toño, Yeyo, Velay, David, Sayáns, Mario, Jairo, Santiño, Nico, Óscar Barros, Ventura e Ernesto Casal.
Goles:Santiño e Mario.

Compárteo!

Deixa un Comentario