Primeiro encontro da nosa categoría de Veteranos na tarde de hoxe no Buelo, debutando nesta nova liga organizada pola FGF e na que os nosos militarán na Primeira Categoría. Quedaba ver se os xogadores de Rúa fixeran os deberes no verán, xunto coa incógnita do acoplamento das novas incorporacións que debutaban (Josete, Toño e Fran no día de hoxe). Con todo este novo fondo de armario, o míster logrou xuntar 13 xogadores para este debut.

O encontro estivo marcado pola igualdade entre dous equipos que se coñecen moito de todos os enfrontamentos dos últimos anos, incluíndo unha final de Copa. O respeto por parte dos dous equipos era a tónica do encontro, cun Moraña que tentaba sacar o balón xogado dende atrás, e un Puente Caldelas que esperaba na medular para roubar e salir á contra.

A ocasión máis clara nesta primeira parte estivo nas botas do debutante Toño, que non supo empuxar á rede unha gran xogada de contragolpe na que mandou o balón por enriba do longueiro. Os visitantes case non inquedaron a portería morañesa.

96130fe4-317f-4c69-8bb8-1c5108cfe255A charla do descanso surtiu efecto, e na segunda parte os nosos subiron un peldaño o ritmo, tentando chegar polas bandas e comezando a xerar perigo. Pero tivo que ser o balón parado o que abrira a lata. Un preciso saque de falta de Eloy e un remate perfecto de Yeyo no segundo pao convertíanse no primeiro gol do Moraña C.F. nesta nova Liga de Veteranos da FGF.

Era o minuto 55 e quedaba moito traballo por diante. Os visitantes lanzáronse a polo empate con moita forza, buscando as espaldas da defensa morañesa, pero o bo traballo colectivo facía inócuo este brío. Case co tempo cumplido e co Puente Caldelas volcado, unha contra de libro acababa co balón nos pes de Óscar Río que daba unha gran asistencia para que, agora sí, Toño Orois pechara o encontro co 2 a 0.

Primeira toma de contacto e primeiros puntos que acadan os Veteranos, pero con moito por mellorar en varios aspectos. A seguir traballando e a preparar o encontro ante o Caroy da vindeira semana.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Rafa Sierra, Yeyo, Mario, Jose Antonio, Fuentes, Nico, Sayáns, Óscar Barros, Eloy, Toño, Josete, Fran e Óscar Río.

A.V. Puente Caldelas Edu, Jose, Daniel, Manuel, Jose Javier, Manuel Peso, Andrés, Pablo, David, Ángel, Manuel, Jose e Juan J.

Goles 1-0 Yeyo (min. 55); 2-0 Toño (min. 89)

Compárteo!

Comentarios Pechados.