Novo varapalo dos Veteranos, que colleitan a segunda derrota consecutiva. Ao equipo de German Rúa médranlle o enanos, xa que coa gran nómina de xogadores lesionados (ata 5 neste momento), varios xogadores tocados ou con molestias, só lograron reunir a 12 xogadores para este encontro. Para máis INRI, Celso tívose que retirar por un tirón ao pouco de comezar o encontro, o que fixo que o equipo xogase moi mermado. Malia todo, os nosos deron a cara.

O encontro comezou cun aluvión de xogo moi forte por parte dos visitantes, que chegaban con moito perigo á portería morañesa, sobre todo grazas aos seus dos veloces dianteiros. Adiantáronse cedo os de Combarro, rematando o seu extremo esquerdo unha boa xogada de ataque de tiro cruzado que entra pegada ao pao largo. 0-1 e máis difícil todavía. Chegou o 0 a 2 pouco despois, no remate dun córner no segundo pao que supera á defensa e ao noso porteiro.

Con este resultado se chegou ao descanso.

Na reanudación, os morañeses tentaron compoñerse, buscando pelexar e tratar de sacar algo positivo do encontro. Acurtou Yeyo nunha boa xogada de contraataque pero foi un espellismo. O Moraña seguíu aferrado ao encontro mentres puido, co resultado de 1 a 2 e incluso parando Rafa un penalti, pero no tramo final a profundidade de plantilla visitante foi decisiva, e cando chegou o baixón físico, chegaron dous goles máis para pechar o partido co definitivo 1 a 4.

Pouca historia a deste partido e situación delicada para os veteranos, que son víctimas do grandísimo número de baixas que están a vivir. Só queda agardar a que se vaian reincorporando xogadores ao plantel para recuperar canto antes a senda da victoria. Ánimo e a seguir pelexando.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 4 Combarro Veteranos

Xogaron polo Moraña C.F.: Rafa Sierra, David, Mario, Toño, Fuentes, Velay, Yeyo, Sayáns, Eloy, Celso, Iago e Juan.

Gol: Yeyo

Compárteo!

Deixa un Comentario