Mal partido dos Veteranos na tarde de onte no Buelo, recibindo a un equipo que está a facer unha moi boa Liga e ao que lle regalou demasiado. Os morañeses partían cunha baixa importante, ao non poder contar co seu adestrador. Fixo as labores de delegado o porteiro Rafa Sierra.

Comezou o encontro moi igualado como se presumía, pero pronto volveu un dos maiores problemas que está a vivir o equipo esta tempada: Fuentes sentía molestias nunha perna e tiña que abandonar o encontro. Entrou Juan no seu sitio.

Adiantáronse os nosos cun gran gol de Nico tras un bo centro de Óscar Barros mediada a primeira parte. Pero nunha mala decisión de Santiño, regálalle o balón ao rival que se planta sólo e no man a man e anota a igualada. Non tivera o rival ningunha ocasión clara, e só este regalo lle fixo entrar no encontro.

Tralo paso polos vestiarios, o encontro seguíu pola mesma liña sen claro dominador e sen case ocasións claras para ningún bando. Un novo erro puntual fixo que se adiantara o Caroi: unha cesión de Toño cara atrás que non pode despexar Rafa por unha carga dun rival. Aproveitan para facer o 1 a 2, xa que o árbitro non considerou a falta.

Con este resultado adverso e segundo pasaban os minutos, os morañeses fóronse arriba pola igualada, deixando moitos espazos atrás, que aproveitaban os visitantes para trenzar rápidas contras. Non se logrou o empate en ningunha das ocasións das que dispuxeron os veteranos, e case no final, Toño mete a man nun pase que iba ao área, e a pesares de facelo fóra da área, o trencilla pita penalty. Coa transformación, o 1 a 3 definitivo.

Partido sen moita historia e que os morañeses tiraron con erros puntuais. Só queda levantar a cabeza e seguir pelexando, xa que queda moita Liga aínda. Ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña Veteranos 1 – 3 Caroi Veteranos

Moraña C.F.: Rafa, Yeyo, Mario, Toño, Fuentes, David, Sayáns, Goran Djorovic, Óscar Barros, Santiño, Nico, Velay e Juan.

Goles: Nico

Compárteo!

Deixa un Comentario