Non sabemos se foi o virus FIFA, ou o síndrome da Champions ao xogar entre semana, pero o feito é que os Veteranos xogaron o peor partido da tempada en todos os aspectos este sábado no Buelo. E esta non foi a peor noticia para os nosos, se non que tanta acumulación de partidos ten como resultado que aos nosos Veteranos se lles está enchendo a enfermería.
Tralas lesións de Óscar Barros e Fran no encontro entre semana, uníuselle a de Toño Orois este sábado. Agardamos que todos estes xogadores volvan aos terreos de xogo canto antes.
Volvendo ao encontro en sí, os nosos comezaron erráticos, perdidos e sen ideas, ante un rival que só traía 11 xogadores, pero que se plantou firme no campo, a xogar de xeito práctico e sen florituras.
Germán Rúa, asistido este sábado pola súa man dereita no corpo técnico, Celso Pajarín, non daba logrado meter aos seus no encontro. As contínuas modificacións e instruccións que saían do banquillo morañés caían en saco roto, pois o equipo non era quen de trenzar 3 pases seguidos, e non xeraba perigo.

Adiantouse o Fortuna nunha xogada en banda esquerda, na que o dianteiro ante a pasividade local se fai un autopase e bate na salida cun disparo defectuoso a Rafa. 0-1 e aínda moitos minutos por diante. A cousa púxose peor cando na primeira ocasión clara morañesa, Toño Orois entra na área contraria con opcións de disparo, pero cae fulminado ao sufrir un esguince no xeonllo. Tivo que ser retirado do campo axudado polos compañeiros, e será baixa varias semanas. Ánimo!!

Tralo paso polos vestiarios a cousa non mellorou. O míster tentaba mover as pezas ata dar coa tecla, pero os de San Martín, con moito oficio, non deixaban espazos, e nos poucos que deixaban a mala sorte se cebaba cos nosos, que non daban finalizado en goles as ocasións.

Cando todo apuntaba á segunda derrota da tempada, case co pitido final, Josete logrou acabar coa súa mala racha de cara ao gol dende os 11 metros ao transformar un penalti, salvando un punto in extremis dun partido no que o Moraña non deu a talla.

A reflexionar durante a semana a preparar o vindeiro encontro, que será no Príncipe Felipe o próximo sábado ante o Xeve.

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Rafa, Sayáns, Iago, Jairo, Nico, Juan, Yeyo, Fuentes, Mario, Toño García, Josete, David, Pedro, Eloy, Toño Orois, Pintor e Óscar Río.

FORTUNA SAN MARTÍN: Marco, Benito, Diego, Víctor, Rubén, Eric, Gustavo, Adrián, Joe, Raúl, Santi.

GOLES: 0-1 Eric (min. 18); 1-1 Josete (min. 89 penalti)

Compárteo!

Deixa un Comentario