FICHA TÉCNICA

A sección de Veteranos do Moraña C.F. volveu caer na tarde de onte no Buelo, víctima unha vez máis das baixas e da mala sorte que os está a lastrar neste tramo da tempada. Con 11 xustos chegaron a este encontro os morañeses, grazas a unha nova fichaxe, Óscar, na portería e colocando a Rafa Sierra como interior dereito para completar o equipo. As principais baixas novas para este encontro eran Toño e Mario, polo que os maiores problemas estaban no centro da zaga e no centro do campo.

O partido comezou bastante igualado, sen dominador claro e cun Montajes Iglesias pechado atrás buscando as contras e os balóns rápidos aos seus dianteiros, e un Moraña con poucas ideas, ao que lle custaba trenzar fútbol.

A pesares do xusto do equipo, das baixas e das carencias, os nosos aguantaron ben neste primeiro tempo, gozando dalgunha ocasión illada, pero no minuto 20, unha rápida contra dos visitantes tras un saque de córner morañés fixo que chegara o 0 a 1 nunha gran definición do dianteiro do Montajes Iglesias. Chegouse con este resultado ao descanso.

Na segunda parte, Incorporouse Fernando ao equipo, e o porteiro Óscar tivo que vestirse de xogador de campo para suplir a un lesionado Velay. Esta segunda parte foi moito máis igualada, aínda que non houbo ocasións claras ata o último tramo do partido. Tivo dúas claras o equipo visitante que resolveu Fernando con dúas boas intervencións, e algunha chegada morañesa que non se chegou a concretar.

O definitivo 0 a 2 chegou case no desconto, cun disparo dende fóra da área que desvía un defensa e confunde ao meta do Moraña.

Nova derrota dos veteranos, que están a vivir un mes negro e que agardamos comencen a recuperar xogadores nas vindeiras semanas para volver á disputa e á competición. Moito ánimo para os pupilos de Rúa!

Moraña C.F. 0 – 2 Montajes Iglesias

Moraña C.F.: Óscar, Ventura, Sayáns, Yeyo, Fuentes, Rafa, Eloy, Santi, Velay, David, Yago, Fernando.

Share.

Leave A Reply

Este sitio utiliza Cookies. Se continúa a navegación, está aceptando o seu uso. Para máis información, consulte a nosa cookies policy.     ACEPTAR