• Tres puntos importantes nun campo onde non se podía fallar

  • A clasificación aprétase cada vez máis

Vixésimo cuarta xornada de Liga, e visita ao difícil campo de Monte da Vila, ante a U.S.D. O Grove, que pese a que ocupa a derradeira posición, está pelexando con forza a permanencia. Os nosos saíron con todo, buscando tres puntos fundamentais para manterse na loita da zona media da tabla. A primeira parte foi un pouco trabada, pero antes do descanso, no minuto 39, Rodrigo abría a lata dende os 11 metros.

Os segundos 45 minutos comezaron con otro golpe do Moraña, ao marcar Miguel o 0-2 no minuto 54. Pero non estaba o encontro sentenciado nin moito menos, o Grove pelexou a reo e tiveron premio. No 78 Jorge poñía o 1-2 e a emoción para o tramo final. Non foi ata o 84, cando de novo Miguel batía a Juan Miguel poñendo terra de por medio. Cos locais volcados buscando recortar, Velay no 93 facía o definitivo 1-4.

Trinta puntos xa os que suman os nosos, que manteñen ao equipo na parte media-baixa, pero nunha clasificación cada vez máis apretada. A pesares de estar na 14ª posición, estamos a só 6 puntos dos postos de playoff. O tramo final de liga promete estar cheo de emoción. Próximo encontro, recibimos ao Alertanavia en Mirallos. Vamos!!

FICHA TÉCNICA

U.S.D. O Grove.: Juan Miguel, Oriol, Samu, Jorge, Martín, Alexandre, Gabri, Otero, Fran, Adri e Antón. Tamén xogaron Rafa, Pablo, Eloi, Tiago e Juan.

Moraña C.F.: Caba, Salva, Iván Vidal, David Grande, Miguel, Pablo Porta, Álvaro, Rodri, Ferro, Velay e Iván Goldar. Tamén xogaron Isidro, Jonathan, Pereira, Chima e Borja.

Goles: 0-1 Rodrigo (min. 39 penalti); 0-2 Miguel (min. 54); 1-2 Jorge (min. 78); 1-3 Miguel (min. 84); 1-4 Velay (min. 93).

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario