• Os nosos Senior acumulan 4 victorias seguidas

  • Os goles de Cholo e Salva, remontan o gol de Jose.

Decimocuarta xornada xa de Liga, na que o noso Primeiro Equipo visitaba na Xunqueira ao Unión Sampayo. Os nosos sairon a este encontro un pouco dispersos, feito que aproveitaron os locais para poñerse por diante no minuto 6. Nun saque de banda, varios errores en cadena rematan no gol de Jose. Este gol fixo que os nosos espabilaran, comezando a disputar con maior intensidade nos balóns divididos nun campo difícil, e buscando á espalda da defensa rival e os balóns por banda en xogadas de centro-remate. Non houbo ocasións claras ata o 41, no que un balón que acaba nos pes de Rodrigo que dispara, da no longueiro e no rexeite, Suso habilita para a chegada de Cholo que poñía a igualada de cabeza. O Sampayo seguiu facendo perigo nas contras, tendo incluso que aplicarse a fondo Anxo nun man a man. Este foi o resultado ao descanso.

Na segunda metade o Moraña deu un paso adiante, comezando a gañar os segundos balóns, a dominar e a buscar os espazos que neste periodo, aparecían. As ocasións comezaron a chegar, sobre todo a balón parado e en ocasións de Suso e Salva que non se materializaron. Pero no 85, chegou o gol que deu os puntos. Outro balón á área que non atopa rematador, Rodrigo volve a poñela na área e Salva fai o segundo.

Este gol fixo que o Sampayo se volcara en ataque con balóns colgados, e o Moraña comezase a ter ocasións claras á contra para matar o encontro, pero ningún dos dous conxuntos lograron concretar e o 1-2 foi o resultado final.

Próxima xornada, este xoves, recibindo en Moraña ao Cruceiro de Hío. Ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Unión Sampayo: Edgar, Juan, Adri, Fernando, Alberto, Raúl, Saúl, Iván, Jose, Borja e Sergio. Tamén xogaron Borja, Ignacio, Sergio, Jesús e Adrián.

Moraña C.F.: Anxo, Iván, Salva, Rober, Iván Vidal, Rodrigo, Cholo, Kevin, Celso, Suso e Yeray. Tamén xogaron Borja, Caba, Samu, VIctor e Collins.

Goles: 1-0 Jose (min. 6); 1-1 Cholo (min. 41); 1-2 Salva (min. 85).

Compárteo!

Deixa un Comentario