• Segunda saída como visitantes nesta Liga.

  • O Moraña comeza gañando, pero o Umia remonta.

Xa a cuarta xornada nesta Primeira Autonómica e segundo desplazamento. Neste caso viaxe a Barrantes, para enfrontarse a un Umia que aínda non coñecía a derrota. O Moraña comezou o encontro dominando e incluso adiantándose no marcador no minuto 11 por medio de Castillo. Pero antes de rematar a primeira metade, Adri facía a igualada (min. 30). Con este empate 1-1 se chegaba ao descanso.

Na segunda metade, tras un comezo de tanteo, foi o Umia quen conseguiu poñerse en vantaxe. Dende os 11 metros, Adri batía a Anxo no 73, poñendo por fin en vantaxe aos locais. E só tres minutos despois, Jorge ampliaba a renta co 3-1. Tentou o Moraña no arreón final buscar a remontada. Castillo de novo batía a Eloy poñendo o 3-2, pero o marcador non se moveu e este foi o resultado final.

Con esta derrota, os nosos continúan con 6 puntos, na zona media da táboa. Próxima parada, recibir en mirallos ao Tyde F.C. o vindeiro domingo.

FICHA TÉCNICA

Umia C.F.: Eloy, Steven, Adri, Miguel, Juan, Guiller, Esteban, Rubén, Dani, Jorge e Álex. Tamén xogaron Hernández, Jorge, Jose, Hugo e Jaime.

Moraña C.F.: Anxo, Salva, Rober, Ricardo, David Alexander, Castillo, Pablo Porta, Ferro, Edu, Álvaro e Davor. Tamén xogaron Iván Goldar, Jonathan, Caba e Pablo Cancela.

Goles: 0-1 Castillo (min. 11); 1-1 Adri (min. 30); 2-1 Adri, penalti (min. 73); 3-1 Jorge (min. 76); 3-2 Castillo (min. 84).

Compárteo!

Deixa un Comentario