• Terceira victoria na casa consecutiva.

  • Os goles chegaron na segunda metade.

Quinta xornada ligueira, e de novo Mirallos que volvía a acoller un encontro de Primeira Autonómica. O Moraña recibía a un Tyde invicto, que acumulaba unha victoria e tres empates nas primeiras catro xornadas. E novamente, a igualdade foi a norma neste partido, algo que está a ser a tónica neste regreso a Primeira. Pese ás ocasións, non se moveu o electrónico nos primeiros 45 minutos, e os presentes tiveron que agardar á segunda metade para ver goles.

Por sorte, foi o Moraña o que golpeou primeiro. Castillo, no minuto 51 remataba á rede cunha grande volea dende o vértice esquerdo da área tudense. E Iván Goldar, aumentaba a renta, batendo a Borja no minuto 63. Parecía que os nosos encarrilaban o encontro, pero Anxo recortaba só 5 minutos despois (no 68), poñendo emoción a este último tramo de encontro. Foron minutos de ida e volta e de bastantes nervios, pero finalmente tras un gran traballo, o Moraña segue forte en Mirallos, acadando a terceira victoria en tres encontros na casa desta tempada.

Con estes nove puntos, os nosos mantéñense na zona de Play-off de ascenso. Próxima estación, as Cachizas o vindeiro domingo, para enfrontarse ao Unión Dena.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Salva, Iván Goldar, Ricardo, David Alexander, Castillo, Pablo Porta, Ferro, Edu, Iván Vidal e Álvaro. Tamén xogaron Rober, Borja, Davor, Dani e Pablo Cancela.

Tyde C.F.: Borja, Rubén, Isma, Felipe, Floren, David, Anxo, Arón, Gonzalo, Dani e Alberto. Tamén xogaron David, Óscar, Manu C., Manu R. e Yago.

Goles: 1-0 Castillo (min. 51); 2-0 Iván Goldar (min. 63); 2-1 Anxo (min. 68).

Compárteo!

Deixa un Comentario