O Primeiro Equipo volve sen puntos do Campo do Cabalo

Sexta xornada ligueira na que os nosos Senior viaxaban ao Campo do Cabalo para enfrontarse á U.D.C. Vilaboa. Tralo empate na casa do domingo, os nosos saíron con ganas ao encontro buscando ao rival arriba cunha boa presión. Este primeiro tramo de encontro foi claramente visitante, no que o Moraña dispuxo de varias ocasións para abrir o marcador, sobre todo no balón parado.

Tras este primeiro treito de dominio morañés, o Vilaboa comezou a usar as súas armas, entrando pouco a pouco no partido e competindo cada vez mellor. Froito desteempuxe,  aproveitando un balón solto en defensa tralo saque dun córner, Javi de cabeza poñía o 1-0 no minuto 37. Este foi o resultado ao descanso.

Tralo paso polos vestiarios, o Moraña saliu decidido a sacar o partido adiante, cunha moi boa actitude e buscando intensidade. Pero nun erro na saída do balón, o Vilaboa sacaba proveito cunha gran acción de contra na que Martín facía o 2-0. Era o minuto 58, quedaba moito tempo, pero cada vez estaba máis difícil.

Os nosos non se viñeron abaixo e foron a presionar e a buscar o balón en campo contrario, con máis corazón que cabeza. Froito deste empuxe, Celso facía o 2-1 no 77, nun balón rexeitado tras saque de banda que lle volvía a él e aproveitaba para marcar de potente disparo. A partir deste intre, e co Moraña buscando o empate á desesperada, o Vilaboa tirou de picardía, perdendo tempo e buscando faltas que ralentizaran o ritmo do encontro. Lográrono, xa que este 2-1 foi o resultado definitivo.

A seguir pelexando e a preparar ben o derbi co Cuntis do domingo!!

Ficha Técnica

U.D.C. Vilaboa: Jacobo, Iván, Javi, Diego, Casqueiro, Rodríguez, Adrián, Miguel, Martín e Raúl. Tamén xogaron Sergio e Coloret.

Moraña C.F.: Anxo, Héctor, Velay, Salva, Rober, Celso, Miguel Zas, Kapi, Castillo, Chimaobi e Viti. Tamén xogaron Borja, Caba, Fabio, Lorenzo e David.

Goles: 1-0 Javi (min. 37); 2-0 Martín (min. 58); 2-1 Celso (min. 77)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario