• Empate nun partido «tolo» de ida e volta.

  • A Eliminatoria definirase o domingo en Mirallos

Primeiro partido da Fase de Ascenso para os nosos Senior, xogado no Álvarez Durán 1 na tarde de hoxe. Un partido de auténtico infarto, de ida e volta, baixo un sol de xustiza que puxo a proba a resistencia dos dous equipos.

O encontro estivo cheo de ocasións por ambos bandos. Tivo a máis clara no inicio o Moraña, nunha xogada entre Jesús e Celso que a defensa do Tyde salva baixo paos. Pero o primeiro gol foi local. Un balón longo que busca aos dianteiros acaba nos pes de Anxo, que regatea a Rober e fai un remate mordido que se cola. Era o minuto 18.

Os nosos non baixaron os brazos e apretaron buscando a igualada. Ferro acadaba ese ansiado empate no minuto 30, cun golpeo forte dende fora da área que sorprende a Óscar.O Tyde case se volve poñer por diante no remate dun córner que se estrelou no longueiro. Este foi o resultado ao descanso.

Tralo paso polos vestiarios, os dous equipos se lanzaron a polo partido a tumba aberta. Pero  nesta reanudación chegaron os mellores minutos do Moraña. No 49, Velay pon un centro á area que Ferro golpea de primeiras para poñer o 1-2. E case acto seguido, Celso cede a Velay que combina con Jonathan para poñer un centro ao segundo pao que Jesús se lance en plancha para facer o 1-3.

Todo se poñía de marabilla para os intereses dos nosos, pero xa se sabía que a eliminatoria non ía a ser fácil e o Tyde reaccionou. Primeiro cun lanzamento de falta de David que se cola entre a barreira poñendo o 2-3 no minuto 53. E noutra falta lateral, un centro ao segundo pao e rematado por Diego no 64 para poñer o 3-3.

Tras estes minutos de auténtica tolemia, o encontro non baixou o pistón e ata pitido final as ocasións sucedíanse para ambos conxuntos. Malia a seguir nesa liña de ida e volta, o marcador non se moveu, quedando o resultado final nese 3-3 e con todo para resolver o domingo en Mirallos. Ánimo rapaces!!

Ficha Técnica

Tyde C.F.: Óscar, Rubén, Edu, Felipe, Florentino, David, Palhares, Diego, ALberto, Dani e Anxo. Tamén xogaron David, Samuel,  joel, Gustavo e Anxo.

Moraña C.F.: Caba, Lucas, Rober, Salva, Celso, Héctor, Ferro, Jesús, Velay, Xoel e Borja. Tamén xogaron Anxo, Chima, Santi, Jonathan e Kapi.

Goles: 1-0 min. 18 (Anxo); 1-1 Ferro (min. 30); 1-2 Ferro (min. 49); 1-3 Jesús (min. 50); 2-3 David (min. 53); 3-3 Diego (min. 64).

Compárteo!

Deixa un Comentario