• Victoria a domicilio para seguir na loita

  • Houbo emoción ata o último minuto

Xa a xornada 22 desta Liga de Primeira Autonómica, que se mantén coa emoción por todo o alto. Na tarde de hoxe, o Moraña C.F. viaxaba a Tui, para xogar ante o Tyde C.F. Un encontro chave, no que non se podía fallar e no que os nosos sumaron tres puntos moi importantes. Tras unha primeira parte moi disputada, Miguel de cabeza no minuto 39, aproveitando un rexeite tras un saque de banda poñía o 0-1 co que se chegou ao descanso.

Na segunda metade, o encontro seguiu pola mesma liña, e cun Moraña que de novo perforaba a meta de Óscar cun gol de Pablo Porta no minuto 65 resolvendo maxistralmente un man a man. Este 0-2 tranquilizaba aos nosos e deixaba o encontro encarrilado. No último suspiro, Felipe poñía incertidume co 1-2, pero só un minuto despois, Castillo pechaba o encontro co definitivo 1-3.

Sumando estes tres puntos, os nosos suman 26, continuando na parte baixa da táboa, pero nun bloque compacto de varios equipos. Os vindeiros encontros, serán chave para ir remontado. Próxima parada, o Unión Dena en Mirallos o vindeiro domingo.

FICHA TÉCNICA

Tyde C.F.: Óscar, Diego, Samu, Felipe, Florentino, David, Gonzalo, Arón, Anxo, Yago e Manu. Tamén xogaron Xaime, Borja, Manuel, Alberto e Dani.

Moraña C.F.: Caba, Salva, Iván Vidal, Roberto Vidal, David Grande, Iván Goldar, Pablo Porta, Rodrigo, Ferro, Chima e Miguel. Tamén xogaron Anxo, Velay, Pereira, Álvaro e Castillo.

Goles: 0-1 Miguel (min. 39); 0-2 Pablo Porta (min. 65); 1-2 Felipe (min. 89); 1-3 Castillo (min. 89).

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario