A Real Federación Galega de Fútbol informa que vista a alerta remitida pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior por episodio de fenómeno meteorolóxico adverso en Galicia, o peche das instalacións deportivas por parte de numerosos concellos en distintas zonas de Galicia e o estado dos terreos de xogo pola abundante choiva caída durante a semana, e no uso das facultades conferidas polo artigo 114 dos Estatutos da RFGF, acórdase:

A suspensión de todas as competicións oficiais tanto de ámbito estatal como autonómica afectando os partidos a disputar o sábado día 21 de decembro de 2019.

Tamén queda suspendido o encontro do noso primeiro equipo ante a S.D. Amanecer.

Compárteo!

Deixa un Comentario