A RFGF suspende todos os partidos do sábado desde as 15:00 horas seguindo as indicacións da Xunta de Galicia.

Recibido en data 9 de marzo de 2018 comunicación da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en relación ás actividades ao aire libre a celebrar o sábado 10 de marzo de 2018 e debido ao temporal que se prevé para esta fin de semana, a Real Federación Galega de Fútbol procede á SUSPENSIÓN de todos os partidos da modalidade de fútbol nas PROVINCIAS DE A CORUÑA E PONTEVEDRA programados pola RFGF disputar na xornada de tarde, entendéndose tal os que se celebren a partir das 15:00 horas do sábado 10 de marzo de 2018.

Este feito afecta aos partidos dos nosos VETERANOS e XUVENILES.

Esta suspensión pode facerse extensible ao DOMINGO  por comunicado dos Concellos responsables das instalaciones deportivas. En este sentido, no momento da publicación desta noticia, están suspendidas as actividades ao aire libre nos concellos de:

  • Santiago de Compostela
  • Ames
Share.

Leave A Reply

Este sitio utiliza Cookies. Se continúa a navegación, está aceptando o seu uso. Para máis información, consulte a nosa cookies policy.     ACEPTAR