• Empate sen goles no primeiro encontro ligueiro na casa.

Debut dos Senior en Mirallos nesta Liga, ante o C.D. Bueu. Un encontro no que os nosos plantexaron combinar e buscar a portería rival buscando as bandas, e os visitantes claramente xogar á contra. Os primeiros 45 minutos non deron para moito, cun Bueu moi ordenado que case non permitía ocasións e que buscaba o roubo e a contra. Só un remate escorado de Collins e un cabezazo de Celso puxeron algo de perigo na primeira metade.

Na segunda metade, o guión era calcado ao da primeira. Os nosos fixeron unha variante táctica para buscar a victoria, pasando a xogar con defensa de 3. Esto era arriscar máis en defensa pero a aposta polos tres puntos era clara. A ocasión máis clara desta segunda parte chegou nun lanzamento de penalti de Celso, que Alejandro logra deter. A pesar de que o encontro tivo momentos nesta fase de ida e volta, o marcador non se moveu e o 0-0 foi o resultado despois dos 90 minutos.

A seguir traballando e a preparar o vindeiro encontro, ante o Marín C.F. en San Pedro. Vamos!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Caba, Iván, Salva, Rober, Yeray, Pablo Porta, Ferro, Edu, Collins, Celso e pablo. Tamén xogaron Pedro, Borja, Samu, Iván Vidal e Xián.

C.D. Bueu: Alejandro, Eloy, Rafa, Adri, Salva, Alejo, Javi, Brais, David, Miguel e Eloy. Tamén xogaron Álvaro, Iván, David, Fran e Amable.

Árbitro: Alejandro Gómez. Amonestou a Samu e Pablo polo Moraña e a Miguel, Alejo, Adrián e Eloy por parte do C.D. Bueu.

Compárteo!

Deixa un Comentario