• Os Senior volven á senda da victoria ante o Sampayo

  • A cabeza da Clasificación aprétase aínda máis.

O Primeiro Equipo do Moraña xogábase moito no encontro de hoxe, xa que se enfrontaba a un rival directo da zona noble da táboa. Os nosos comezaron o encontro costa arriba, ante un equipo moi forte no balón parado e que tivo a primeira parte o aire a favor.

Foi un comezo moi duro, no que o Sampayo dominaba, buscando moito o balón arriba e os nosos defendían como podían. Co paso dos minutos, cada vez o Moraña foise sentindo máis cómodo co balón, buscando espazos e mobilidades que fixeron que fosen medrando no encontro. Malia que o vento facía sufrir no balón parado, a primeira ocasión clara estivo nos pes de Celso, nun balón que o porteiro do Sampayo saca cos pés.

Esta ocasión espoleou aos nosos que se viñeron arriba e comezar a xerar máis perigo. Así chegou o 1-0, cunha gran internada de Lucas que pon o balón ao punto de penalty para que Chima marque un gran gol. Non chegou o segundo de milagre antes do descanso, nunha gran xogada de Santi que se revolve na área pero o seu remate marcha pegado ao pao. O 1-0 foi o resultado ao descanso.

Este receso non lle veu nada ben aos nosos, que acababan o primeiro tempo nun gran momento e que saíron un chisco máis apagados na segunda metade. O Sampayo saíu máis intenso, presionando máis arriba. E pese que o Moraña foi entrando no partido, incluso tendo ocasións, Jose poñía a igualada aproveitando un gran pase ao espazo no que recurtou a Anxo e marcaba a placer.

O gol, lonxe de facer caer aos nosos, fixo que viñeran os mellores minutos do Moraña, cunha reacción moi positiva. Parecía que chegaba o gol nun gran remate de Salva nun lanzamento de falta lonxano, pero o árbitro anulouno por fóra de xogo máis que dubidoso. Tivemos que esperar ao 69 para que Santi aproveite un gran pase de Celso para plantarse ante David e picarlle a bola ante a súa saída facendo o 2-1, un gol que os nosos levaban moitos minutos buscando.

A puntilla chegou no 75, nunha xogada de córner na que, tras varios rebotes, Rober define moi ben facendo o 3-1 e matando o partido.

Con esa victoria, os nosos suman xa 44 puntos, manténdose na zona de promoción de ascenso. Agora a seguir traballando duro e a recibir na vindeira xornada ao Puentearnelas. Ánimo!!

 

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Velay, Salva, Rober, Celso, Pablo, Julián, Santi, Chima e Jesús. Tamén xogaron Borja, Caba, David, Héctor e Fabio.

Unión Sampayo: David, Fernando, Adrián, Jose, Alberto, Raúl, Sergio, Borja, Jose Miguel, Andrés e Reguera. Tamén xogaron Luis, Édgar, Jose, Dani e Jesús.

Goles: 1-0 Chima (min. 38); 1-1 Jose (min. 56); 2-1 Santi (min. 69); 3-1 Rober (min. 75).

Compárteo!

Deixa un Comentario