• O Moraña pasa a seguinte Ronda da Fase de Ascenso grazas ao valor doble dos goles fóra da casa.

Primeira Ronda da fase de Ascenso superada con moito sufrimento polos nosos Senior. Co encontro recén comezado, poñíase por diante o Tyde, nun centro lateral que Arón remacha á rede no minuto 6. Pero os nosos, moi ben asentados no campo e xogando a gran nivel, lograron o empate tamén cun centro lateral de Lucas que rematou Salva en propia meta poñendo o 1-1.

Este gol fixo que os nosos deran un paso adiante, con máis dominio e xogo, buscando a portería rival. Pero no 22, chegou unha xogada desafortunada. Balón largo á área que Rober peina cara atrás. Indecisión entre Anxo e Salva e balón acaba dentro da portería morañesa tras dar no peito do noso central. 1-2 cun gol en propia… un duro golpe pero moito tempo por diante. Malia todo, este foi o resultado ao descanso.

Na segunda parte o Moraña saiu moi concienciado para buscar o gol que lle dera o pase, pero sen volverse tolos, xa que un terceiro gol dos de Tui poñía a eliminatoria moi costa arriba. Co paso dos minutos, o partido foise rompendo e desordenándose, obvio con todo o que había en xogo, e comezaron a chegar máis ocasións. No 75 chegou por fin o gol que certificaba o pase: saque de falta lonxana de Ferro ao punto de penalti, Óscar queda a media saída e Santi cabecea por enriba, poñendo o 2-2.

Con este gol, os nosos comezaron a xestionar o resultado, defendendo con uñas e dentes mentres o Tyde buscaba o gol á desesperada. Puido matar o Moraña á contra, pero non se moveu o marcador e co 2-2 o pase era noso.

Mención especial no día de hoxe á afección do Moraña, que levou ao equipo en volandas durante os 90 minutos e non lle permitiu baixar o pistón en ningún momento. Foi esta afección a que empuxou ao equipo, e o equipo respondeu. Agora, a esperar rival para a seguinte ronda. Ánimo!!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Velay, Salva, Rober, Celso, Ferro, Xoel, Santi, Chima e Jesús. Tamén xogaron Borja, Caba, Julián, Kapy e Héctor.

Tyde C.F.: Óscar, Rubén, Gustavo, Daniel, Floren, David, Palhares, Diego, Arón, Víctor e Anxo. Tamén xogaron Fran, Samu, Alexandre, Anxo e Diego.

Goles: 0-1 Arón (min. 6); 1-1 Dani p.p. (min. 14); 1-2 Salva p.p. (min. 22); 2-2 Santi (min. 75).

Compárteo!

Deixa un Comentario